AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Espárrago con IXP Navarra en Mercadona

Mercadona compra 18.000 quilos de espárrago con IXP Navarra, un 200% máis que a campaña anterior

16 de abril de 2019
  • O espárrago con IXP Navarra está á venda nos seus establecementos de Navarra, La Rioja, Euskadi, Valladolid, Burgos e Palencia.
  • Nos últimos cinco anos Mercadona adquiriu 36.000 quilos de espárrago con IXP Navarra.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, fixo que a cadea de supermercados compre 18.000 quilos de espárrago con IXP Navarra, durante esta campaña, que comezou en abril e rematará a principios de xuño. Isto supón un incremento do 200% respecto á campaña anterior.

Así, nos últimos cinco anos Mercadona adquiriu 36.000 quilos de espárrago con IXP Navarra incrementando as compras deste produto paulatinamente, en relación co seu crecemento en Navarra.

Tal foi a calidade da colleita deste espárrago que, ademais de nas tendas de Navarra, está á venda, actualmente, nos establecementos de Mercadona en La Rioja, Euskadi, Valladolid, Burgos e Palencia.

“Ofrecémoslles aos nosos clientes un espárrago fresco e pelado, listo para cociñar, que valoran pola súa calidade e polo aforro de tempo que lles supón a súa preparación”, explica Laura Arroyo, responsable de Compras de espárrago de Navarra.

Todo iso reflicte a importancia que Mercadona lle outorga a traballar conxuntamente co sector primario, para avanzar cara a unha Cadea Agroalimentaria Sostible. Por iso, mantén acordos estables con 9.000 agricultores, 5.500 gandeiros e 12.000 pescadores.

Mercadona en Navarra

Mercadona conta en Navarra con 11 tendas situadas: 3 en Pamplona (na avda. Gipuzkoa, avda. San Jorge e avda. Sancho el Fuerte) e 1 en Ansoáin, Aranguren, Barañáin, Burlada, Valle de Egüés, Estella, Tafalla e Tudela. Todas as tendas suman un cadro de persoal de 604 persoas, con emprego estable e de calidade.

Durante 2019 terminará de reformar todos os seus supermercados de Navarra para adaptalos ao Novo Modelo de Tenda Eficiente, que supón un aforro enerxético de ata o 40%, respecto a unha tenda tradicional, e incorpora múltiples melloras para traballadores e clientes. Ademais, a nova sección “Listo para Comer”, de comida acabada de facer, estará dispoñible en 5 supermercados navarros ao longo de 2019.

Así mesmo, ten relación comercial con 714 pemes desta comunidade e en 2018 realizou compras a provedores navarros por valor de 470 millóns de euros, un 19% máis que o ano anterior. Así mesmo, investiu 8 millóns de euros en Navarra.

Dentro da súa responsabilidade social empresarial doou 206,7 toneladas de produtos de primeira necesidade grazas á súa colaboración coa Fundación Banco de Alimentos de Navarra, a Fundación Ilundáin Haritz Berri, as Hermanitas de los Pobres de Pamplona, o comedor solidario Paris 365, a Escola Taller de Estella-Lizarra, o comedor solidario Villa Javier de Tudela e o Fogar San Francisco Javier de Tafalla.