Espárrago con IXP Navarra en Mercadona

Mercadona compra 13.600 quilos de espárrago con IXP Navarra

23 de xuño de 2020
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade o espárrago con IXP Navarra vendeuse nas súas tendas de Navarra, Euskadi e La Rioja durante abril e maio.
  • Nos últimos cinco anos Mercadona adquiriu 54.000 quilos de espárrago con IXP Navarra.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, fixo que a cadea de supermercados comprase 13.600 quilos de espárrago con IXP Navarra, durante esta campaña, que comezou en abril e que acabou a finais do mes de maio.

O espárrago con IXP Navarra  vendeuse nos seus supermercados de Navarra, Euskadi e La Rioja durante os meses de abril e maio, datas de duración da campaña. Así mesmo, nos últimos cinco anos Mercadona adquiriu 54.000 quilos de espárrago con IXP Navarra nunha clara aposta polo produto local.

Comprometidos cos produtos locais

En 2019 as compras de Mercadona en Navarra alcanzaron os 480 millóns de euros, un 2% máis que o ano anterior. Grazas aos acordos comerciais co sector primario, a compañía colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros en toda España. Ademais, apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) “Froitas e Verduras de temporada”.

Mercadona en Navarra

Mercadona conta en Navarra con 11 tendas situadas: 3 en Pamplona (na avda. Gipuzkoa, avda. San Jorge e avda. Sancho el Fuerte) e 1 en Ansoáin, Aranguren, Barañáin, Burlada, Valle de Egüés, Estella-Lizarra, Tafalla e Tudela. Todas as tendas suman un cadro de persoal de 630 persoas, con emprego estable e de calidade, e o investimento realizado en Navarra durante 2019 foi de 14,4 millóns de euros.  

Todos os supermercados de Navarra están adaptados ao Novo Modelo de Tenda Eficiente, que supón un aforro enerxético de ata o 40% respecto a unha tenda tradicional, e incorporan múltiples melloras para traballadores e clientes. Ademais, a nova sección “Listo para Comer”, de pratos preparados para levar, está dispoñible en 5 supermercados.

Dentro da súa responsabilidade social empresarial doou 281,4 toneladas de produtos de primeira necesidade grazas á súa colaboración coa Fundación Banco de Alimentos de Navarra, a Fundación Ilundáin Haritz Berri, as Hermanitas de los Pobres de Pamplona, o comedor solidario Paris 365, a Escola Taller de Estella-Lizarra, o comedor solidario Villa Javier de Tudela e o Hogar San Francisco Javier de Tafalla.

Espárragos de Mercadona no campoEspárragos de Mercadona no campo.

Logo EActiVate