Alcachofas de Mercadona nos campos de Tudela

Mercadona compra 1 millón de quilos de alcachofa en Tudela

19 de abril de 2018
  • A alcachofa está á venda nos seus establecementos de Navarra, Euskadi, A Rioxa, Castela e León, Galicia, Asturias, Cantabria, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid e norte de Castela-A Mancha.
  • Nos últimos cinco anos Mercadona adquiriu 3,5 millóns de quilos de alcachofa en Tudela.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e os vexetais de proximidade, fixo que a cadea de supermercados compre 1 millón de quilos de alcachofa en Tudela durante esta campaña, que comezou en abril e rematará a comezos de xuño.

Deste xeito, nos últimos cinco anos Mercadona adquiriu 3,5 millóns de quilos de alcachofa en Tudela incrementando as compras deste produto paulatinamente, en relación co seu crecemento en Navarra.

Tal foi a calidade da colleita que, ademais de nas tendas de Navarra, esta alcachofa está á venda, actualmente, nos establecementos de Mercadona en Euskadi, A Rioxa, Castela e León, Galicia, Asturias, Cantabria, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid e norte de Castela-A Mancha.

Esta aposta de Mercadona pola froita e os vexetais de proximidade fai que, no 2017, teña mercado outros produtos frescos na Comunidade Foral como 4,3 millóns de quilos de cebolas, 2,5 millóns de quilos de endivias, 1,3 millóns de unidades de leituga Batavia e máis de 13.000 anellos.

Todo isto reflicte a importancia que Mercadona lle outorga a traballar conxuntamente co sector primario, para avanzar cara a unha Cadea Agroalimentaria Sustentable. Por iso, mantén acordos estables con máis de 8.600 agricultores, 5.200 gandeiros e 12.000 pescadores.

Mercadona en Navarra

Mercadona conta en Navarra con 11 tendas situadas: 3 en Pamplona (na Avda. Gipuzkoa, Avda. San Jorge e Avda. Sancho el Fuerte) e 1 en Ansoain, Aranguren, Barañain, Burlada, Eguesibar, Lizarra, Tafalla e a propia Tudela, de onde é orixinaria a alcachofa. Todas as tendas suman un cadro de persoal de 574 traballadoras e traballadores, con emprego estable e de calidade.

Do mesmo xeito, ten relación comercial con 714 pemes desta comunidade e no 2017 realizou compras a fornecedores navarros por valor de 394 millóns de euros, un 45% máis do que no ano anterior. Desta maneira, xunto cos fabricantes interfornecedores, investiu 24,5 millóns de euros en Navarra.

Dentro da súa responsabilidade social empresarial doou máis de 208 toneladas de produtos de primeira necesidade grazas á súa colaboración coa Fundación Banco de Alimentos de Navarra, a Fundación Ilundain Haritz Berri, as Hermanitas de los Pobres de Pamplona, o comedor solidario Paris 365 e a Escola Obradoiro de Estella-Lizarra.