Mercadona comparte 600 millóns de euros en primas coas máis de 100.000 persoas que forman a compañía

Mercadona comparte co seu cadro de persoal 600 millóns de euros en primas, un 50 % máis que en 2023

31 de xaneiro de 2024
  • O compromiso das máis de 100.000 persoas que forman a compañía coa mellora da eficiencia produtiva e a xestión foi a causa de que cada día máis clientes elixan comprar en Mercadona e do incremento constante da súa cota de mercado.
  • Dende que se puxo en marcha esta iniciativa pioneira, impulsada polos accionistas da compañía en 2001, repartíronse máis de 5.580 millóns de euros.
  • O Comité de Dirección decidiu repartir, dentro da estratexia de compartir os beneficios, media prima adicional á de obxectivos que se entrega todos os anos.

O Comité de Dirección de Mercadona decidiu, dentro da estratexia de compartir os beneficios, repartir media prima adicional entre as máis de 100.000 persoas que forman a compañía, que se une á prima por obxectivos que tradicionalmente reparte cada ano. Desta maneira, a compañía distribúe 600 millóns de euros co seu cadro de persoal, un 50 % máis que en 2023, ano en que a cantidade total repartida foi de 405 millóns de euros.

Dende que os accionistas de Mercadona puxeron en marcha en 2001 esta iniciativa, a compañía repartiu coas traballadoras e cos traballadores máis de 5.580 millóns de euros. Esta cifra reflicte o seu compromiso co crecemento compartido e co beneficio mutuo.

En marzo os traballadores, dende o primeiro ano e en caso de alcanzar as metas e os obxectivos pactados ao principio do ano, cobrarán unha mensualidade extra na súa nómina, cantidade que ascenderá a dúas mensualidades unha vez que superan os cinco anos de antigüidade; e excepcionalmente este ano, recibirán tamén unha prima extra correspondente á metade da súa mensualidade.

Esta medida fai patente que as traballadoras e os traballadores de Mercadona son os principais responsables do éxito da compañía, que un ano máis confirmaron ser o maior activo para os “Xefes” (como internamente a compañía chama aos clientes). O seu compromiso coa mellora constante da eficiencia produtiva e da xestión deu como resultado o Carro Menú con máis calidade e económico do mercado; isto fai que cada día o elixan máis persoas, o que está supoñendo un importante incremento do número de clientes que fan a súa compra en Mercadona, consolidando o seu crecemento e o incremento constante da súa cota de mercado.

Fontes de Mercadona destacan a decisión: “Polo excepcional compromiso das máis de 100.000 persoas que formamos Mercadona en mellorar cada día a experiencia dos nosos “Xefes”, a calidade dos nosos produtos e a implantación constante de melloras tecnolóxicas e innovadoras que fan máis eficientes os nosos procesos facilitando o noso traballo rutineiro, é por todo iso polo que nos fixemos merecedores este ano de media mensualidade máis de prima, que temos que sumar á que nos corresponda, unha ou dúas mensualidades, dependendo da nosa antigüidade na empresa”.

Pioneira en conciliación e avanzando

A política de Recursos Humanos de Mercadona caracterízase polo fomento da conciliación profesional, persoal e familiar do seu cadro de persoal. En España en 2020 a compañía implantou, de forma pioneira no sector, a xornada nas tendas de cinco días de traballo e dous libres (5+2) con polo menos 8 fins de semana ao ano de descanso. Esta última medida estase estendendo de forma progresiva en 2024, e finalizará en 2025, aos traballadores das colmeas (almacéns exclusivos de venda en liña) e aos dos bloques loxísticos.

Traballadores do Bloque Loxístico de Riba-roja (Valencia) que conseguiron que o incendio de xullo de 2023 tivese o menor impacto posibleGrazas ao compromiso de todas as persoas que forman o Bloque Loxístico de Riba-roja (Valencia), conseguiuse que o incendio sufrido no almacén de secos o 5 de xullo de 2023 tivese o menor impacto posible no servizo ao “Xefe”.