Novas cestas de Mercadona en tenda.

Mercadona comeza a colaborar co comedor social Virgen de las Angustias de Ayamonte (Huelva)

23 de xuño de 2017
  • A compañía xa colabora con outros tres comedores sociais na provincia, sitos en Huelva capital, Lepe e Cartaya.

Mercadona comeza a colaborar co comedor social Virgen de las Angustias na localidade de Ayamonte, ao que lle entregará acotío produtos de primeira necesidade que son aptos para o consumo pero non para a venda. As entregas realízaas directamente Mercadona, de luns a sábado, a primeira hora da mañá.

Mercadona continúa a desenvolver o seu plan de acción social por medio do apoio a diversas institucións e entidades sociais en Huelva, provincia en que xa colabora co Comedor Social Virgen de la Cinta, en Huelva capital, e con outros dous comedores en Lepe e Cartaya, aos que suma agora o comedor social Virgen de las Angustias, en Ayamonte. A compañía de supermercados tamén colabora co Banco de Alimentos de Huelva quer coa doazón de produtos de primeira necesidade, quer nas Operaciones Kilo e a Gran Recogida organizadas por esta entidade. Durante o ano 2016 Mercadona entregou, en total, máis de 147 toneladas de alimentos a diferentes entidades sociais na provincia de Huelva.

O Comedor Social Virgen de las Angustias comezou a funcionar en decembro de 2013, atendendo máis de 50 comensais desde o primeiro mes. Este servizo do Economato Social San Vicente de Paúl ten por obxectivo a distribución de comida elaborada (primeiro e segundo prato, sobremesa e pan) ás familias máis necesitadas de Ayamonte.