Pormenor dun dos mantelos do uniforme Mercadona.

Mercadona comeza a colaborar co Comedor Social de los Pobres Amigos del Silencio en Salamanca

01 de xuño de 2017
  • Os produtos serán entregados acotío polos repartidores do supermercado para facilitar o traballo dos voluntarios.
  • A compañía tamén colabora con outras entidades e comedores sociais de Castela e León ás que lles doou 545 toneladas de alimentos en 2016.

Mercadona comezou a colaborar co Comedor Social de los Pobres Amigos del Silencio, cuxa instalación se encontra no Paseo de la Estación nº 73 de Salamanca, a través da doazón cotiá de alimentos, destinada aos nenos e ás familias usuarias do centro. Unha acción coa que pretende dar un paso máis nos seus labores de colaboración con asociacións e entidades benéficas de Castela e León.

O comedor atende diariamente unhas 200 persoas, incluídas familias en risco de exclusión social, repartindo unhas 200 racións de comida, e elaborando e servindo un menú con produtos de tempada.

O proceso iníciase cada mañá cando os traballadores de Mercadona en Salamanca preparan os alimentos (que son aptos para o consumo mais non para a venda) en bolsas e caixas para os entregaren nas mellores condicións de calidade e de seguridade alimentaria. Para garantiren o proceso, os repartidores de Mercadona encárganse de entregar os produtos desde a tenda ao comedor social, facilitando o traballo dos voluntarios para que poidan preparar os alimentos sen necesidade de se moveren para os recoller.

A responsable do comedor, Rocío Ledesma, expresou a súa satisfacción por esta iniciativa, afirmando que "lle estamos moi agradecidos a Mercadona por esta nova etapa que comeza e que nos permitirá continuar a axudar. Garantirmos un segundo prato na súa alimentación resúltanos moi complicado e con esta achega poderemos melloralo".

Con esta colaboración, Mercadona consolida o seu programa de colaboración con comedores sociais. En 2016, a compañía apoiou o labor de máis de 120 institucións en diferentes localidades de toda España ás que lles doa acotío produtos que non son aptos para a venda mais que están en perfectas condicións para o seu consumo.

Durante o ano pasado, Mercadona continuou a desenvolver o seu plan de acción social por medio do apoio a diversas institucións e entidades sociais que teñen axudado a moitas persoas. En total, e a través das diferentes iniciativas en que participou en todas as comunidades autónomas, ten doado 6.500 toneladas de alimentos, o equivalente a 108.000 carros da compra. No caso concreto de Castela e León, Mercadona doou en 2016 un total de 545 toneladas de alimentos a diversas entidades benéficas e comedores da comunidade.