Novas cestas de Mercadona en tenda.

Mercadona comeza a colaborar co comedor da Casa Familiar Nuestra Señora de los Ángeles de Zaragoza

18 de xullo de 2017
  • Mercadona tamén colabora con outros comedores sociais e entidades benéficas de Zaragoza, como El Refugio, San Antonio, El Carmen ou o Banco de Alimentos.
  • Mercadona doou 206,9 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2016 en Aragón.

Mercadona comezou a colaborar coa Casa Familiar Ntra. Sra. de los Ángeles de Zaragoza, cuxas instalacións se encontran na R/ Monasterio de Nuestra Sra. de los Ángeles nº 5 de Zaragoza, a través da doazón cotiá de alimentos destinada aos usuarios do centro. Unha acción coa que pretende dar un paso máis nos seus labores de colaboración con asociacións e entidades benéficas de Aragón.

A Casa Familiar atende acotío unhas 86 persoas, incluídas persoas maiores e persoas con discapacidade, repartindo unhas 345 racións de comida diarias e elaborando e servindo un menú con produtos de tempada.

O proceso iníciase cada mañá cando os traballadores de Mercadona en Zaragoza preparan en bolsas e caixas os alimentos, que son aptos para o consumo mais non para a venda, para os entregar ao comedor nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria. Para garantir o proceso, dous repartidores de Mercadona encárganse de entregar os produtos desde a tenda ao comedor social, facilitándolles o traballo aos voluntarios para que poidan preparar os alimentos sen necesidade de se desprazaren para os recoller.

O responsable do comedor, o irmán José Luís, expresou a súa satisfacción por esta iniciativa, afirmando que "estamos moi agradecidos a Mercadona por esta nova etapa que comeza e moi especialmente polo trato próximo, a comprensión e mais o agarimo con que este proxecto foi acollido".

Con esta colaboración, Mercadona consolida o seu programa de cooperación con comedores sociais. En 2016, a compañía apoiou o labor de máis de 120 institucións en diferentes localidades de toda España ás que lles doa acotío produtos que non son aptos para a venda mais que se encontran en perfectas condicións para o seu consumo.

Durante o ano pasado, Mercadona continuou a desenvolver o seu plan de acción social por medio do apoio a diversas institucións e entidades sociais que lles axudaron a moitas persoas. En total, e a través das diferentes iniciativas en que participou en todas as comunidades autónomas, ten doado 6.500 toneladas de alimentos, o equivalente a 108.000 carros da compra. No caso concreto de Castela e León, en 2016 Mercadona doou 545 toneladas de alimentos a diversas entidades benéficas e comedores da comunidade.