- A cadea de supermercados participa dende todas as súas tendas na Operación Quilo organizada polos Bancos de Alimentos de Tenerife e Las Palmas durante a semana do 28 de xuño ao 3 de xullo.
- Trátase dunha recollida virtual, polo que os clientes poderán colaborar cunha doazón monetaria no momento da compra.
- Mercadona doou no que vai de ano a comedores sociais, Bancos de Alimentos e outras entidades sociais de Canarias máis de 370 toneladas de produtos de primeira necesidade.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, participa durante esta semana na Operación Quilo que organizan os Bancos de Alimentos de Tenerife e Las Palmas dende os 85 supermercados que ten nas illas. Trátase dunha recollida virtual, polo que os ‘xefes’ (clientes) poderán colaborar dende hoxe 28 de xuño ata o sábado 3 de xullo cunha doazón monetaria no momento da compra no lineal de caixas, como xa fixeron en novembro de 2020 na Gran Recollida.
Unha vez que finalice a Operación Quilo, Mercadona entregará todo o recadado aos Bancos de Alimentos en forma de tarxetas moedeiro para que poidan facelas chegar ás persoas que o necesitan.
Hernán Cerón, presidente do Banco de Alimentos de Tenerife (BANCOTEIDE), agradeceu a Mercadona “a súa colaboración dende todas as súas tendas da provincia, pois deles depende en parte o éxito do evento” e reiterou a súa gratitude por “anticipar a entrega de 15 toneladas de produtos básicos correspondentes ao convenio deste ano dados os problemas de desabastecemento que padecemos”.
Pola súa parte, Jorge Pérez, Director de Relacións Externas en Tenerife e Relacións Institucionais de Canarias, declarou: “É unha satisfacción colaborar co Banco de Alimentos tanto en Operacións Quilo e Grandes Recollidas como nas doazóns privadas de produtos de primeira necesidade que levamos a cabo de maneira constante. Agradecemos enormemente á entidade o seu traballo e dedicación altruísta, claves para a sociedade canaria”.
Doazón de alimentos Mercadona en Canarias
Mercadona mantén un compromiso social cos veciños e veciñas das zonas nas que ten presenza e actividade. No caso de Canarias, no que vai de ano a compañía de supermercados doou a comedores sociais, Bancos de Alimentos e outras entidades sociais de Canarias más de 370 toneladas de alimentos, o que equivale a preto de 6.200 carros da compra.
Concretamente na provincia de Santa Cruz de Tenerife a compañía colabora co Banco de Alimentos, a Cruz Vermella, Cáritas e con dez comedores sociais, nove na illa de Tenerife e un en La Palma.
Por outro lado, Mercadona realizou o pasado 3 de xuño a súa primeira Operación Saco en Canarias, onde se habilitaron puntos de recollida de alimentos para animais en 15 supermercados de Tenerife para distintas asociacións e protectoras da illa, entre as que se encontra a Asociación para a Defensa e Protección dos Animais de Canarias da illa de Tenerife (ADEPAC). A iniciativa tivo una grande acollida e conseguíronse recadar 30 toneladas de comida para animais.
Cartel en español:
Cartel informativo que se colocará nos supermercados para informar aos clientes da recollida virtual de alimentos.