Carros de Mercadona nunha tenda

Mercadona colabora con Cáritas Diocesana de Canarias e co comedor social de Misión Cristiana Moderna de Fuerteventura

30 de decembro de 2017
  • Mercadona renova o seu acordo de colaboración con Cáritas Diocesana de Canarias coa doazón de 6 toneladas de alimentos de primeira necesidade. O acordo tamén inclúe doazóns acotío por parte de Mercadona a Cáritas Diocesana de Canarias nas Palmas de Gran Canaria.
  • A compañía tamén lle doará acotío produtos de primeira necesidade ao comedor social de Misión Cristiana Moderna en Fuerteventura.

Mercadona e Cáritas Diocesana de Canarias asinaron un acordo de colaboración para formalizar a súa relación coa finalidade de realizaren unha doazón de alimentos de primeira necesidade para os distribuír entre as persoas máis carenciadas, a través das diferentes entidades benéficas, aproveitando o gran labor de Cáritas Diocesana de Canarias.

Durante o 2018, Mercadona vaille entregar á entidade máis de 6 toneladas de alimentos, cuxa achega se realizará nas instalacións que Cáritas Diocesana de Canarias posúe na capital da provincia das Palmas.

O Director de Relacións Externas de Mercadona nas Palmas, Arcadio Peñate, e mais o Director de Cáritas Diocesana das Canarias, Gonzalo Marrero, asinaron o acordo na sede que Cáritas Diocesana de Canarias ten na capital da provincia das Palmas. Durante a sinatura, desde Mercadona agradecéuselle a Cáritas Diocesana de Canarias “o seu traballo e dedicación ao servizo dos máis carenciados” e o Director de Cáritas Diocesana de Canarias, Gonzalo Marrero, agradeceu enormemente “a continua iniciativa solidaria de Mercadona en colaboración con Cáritas, quer na entrega dos seus produtos acotío quer nas máis de 6 toneladas doadas, que nestes momentos nos son tan necesarias para atender as persoas máis carenciadas da nosa cidade e provincia”.

Para alén diso, Mercadona e mais o comedor social da Misión Cristiana Moderna en Fuerteventura teñen iniciado unha colaboración que vai consistir en realizar unha doazón acotío de alimentos de primeira necesidade para os distribuír entre as persoas máis carenciadas a través do gran labor social que realiza co seu comedor en Fuerteventura. A doazón será realizada á primeira hora da mañá e os produtos entregaranse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para a súa preparación e/ou consumo.

O Responsable do comedor social da Misión Cristiana Moderna en Fuerteventura, Ángel Hernández, agradeceulle a Mercadona a súa colaboración “cos produtos frescos doados acotío poderemos complementar a alimentación dos máis carenciados na illa e é unha beizón para nós”. Pola súa parte, Arcadio Peñate, Director de Relacións Externas de Mercadona nas Palmas, comenta que “desde Mercadona agradecemos moi enerxicamente o esforzo conxunto dos nosos clientes, traballadores e voluntarios, xa que entre todos fixemos posible converter accións solidarias nunha axuda real e efectiva para aqueles concidadáns que están a atravesar unha situación de necesidade”.

Durante o ano 2016 Mercadona dooulles máis de 311 toneladas de produtos de primeira necesidade a Bancos de Alimentos e mais comedores sociais nas Canarias. Concretamente, na provincia das Palmas colaboramos co Banco de Alimentos das Palmas, Cáritas Gran Canaria, o Refugio Majorero en Fuerteventura e a Fundación Canaria Flora Acoge en Lanzarote.

Mercadona no 2017 ten doado máis de 8.000 toneladas de produtos de primeira necesidade a 142 entidades benéficas de toda España, o equivalente a 130.000 carros de compra.