- A compañía doará acotío produtos de primeira necesidade que o Comedor Social lles distribuirá ás persoas máis carenciadas.
A cadea de supermercados Mercadona e o Comedor Social de Nuestra Señora del Carmen iniciaron unha colaboración que consistirá en realizar unha doazón cotiá de alimentos de primeira necesidade para os distribuír entre as persoas máis carenciadas, a través do gran labor social que realiza a ONG co seu comedor.
A doazón realízase á primeira hora da mañá, grazas aos recursos loxísticos e humanos que tamén fornece Mercadona. Os produtos entréganse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para a súa preparación e/ou consumo.
O pasado mércores 11 de outubro realizouse a primeira entrega de produtos perecedeiros coa presenza da responsable do Comedor Social, Sor Mª del Carmen Navarro, que lle agradeceu a Mercadona a súa colaboración: “Con Mercadona chegou o Nadal adiantado ao noso Comedor Social”.
Neste sentido, Mercadona quere destacar o gran labor solidario que desenvolve o Comedor Social Nuestra Señora del Carmen onde acotío se ofrecen comidas aos máis carenciados. A compañía, a través do seu Director Provincial de Relacións Externas, Arcadio Peñate, indicou: "Queremos agradecerlle a Sor Mª del Carmen Navarro e a todo o seu equipo a súa total disposición e destacar a gran calidade das instalacións coas que conta o comedor, onde puidemos comprobar o inestimable servizo que lles presta cada día a aquelas persoas que se encontran nunha difícil situación. Con esta colaboración esperamos poder contribuír a facela un poco máis levadeira. Desde Mercadona agradecemos moi enerxicamente o esforzo conxunto dos nosos clientes, traballadores e voluntarios, xa que entre todos fixemos posible que as accións solidarias se convirtan nunha axuda real e efectiva para aqueles concidadáns que atravesan unha situación de necesidade”.
Durante 2016, Mercadona doou máis de 311 toneladas de produtos de primeira necesidade nas Canarias a Bancos de Alimentos e Comedores Sociais, máis concretamente, na provincia das Palmas, ao Banco de Alimentos das Palmas, a Cáritas Gran Canaria, a El Refugio Majorero en Fuerteventura e á Fundación Canaria Flora Acoge en Lanzarote.
Até setembro de 2017, desde Mercadona téñense doado máis de 6.900 toneladas de produtos de primeira necesidade a 138 entidades benéficas de toda España, o que equivale a 116.595 carros da compra.
Imaxe de cabeceira: Aarón, traballador de Mercadona, xunto a Mª del Carmen Navarro, responsable do Comedor Social Nuestra Señora del Carmen (As Palmas de Gran Canaria).