Momento da entrega ao Comedor Social Nuestra Señora del Carmen das Palmas de Gran Canaria.

Mercadona colabora co Comedor Social Nuestra Señora del Carmen das Palmas de Gran Canaria

16 de outubro de 2017
  • A compañía doará acotío produtos de primeira necesidade que o Comedor Social lles distribuirá ás persoas máis carenciadas.

A cadea de supermercados Mercadona e o Comedor Social de Nuestra Señora del Carmen iniciaron unha colaboración que consistirá en realizar unha doazón cotiá de alimentos de primeira necesidade para os distribuír entre as persoas máis carenciadas, a través do gran labor social que realiza a ONG co seu comedor.

A doazón realízase á primeira hora da mañá, grazas aos recursos loxísticos e humanos que tamén fornece Mercadona. Os produtos entréganse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para a súa preparación e/ou consumo.

O pasado mércores 11 de outubro realizouse a primeira entrega de produtos perecedeiros coa presenza da responsable do Comedor Social, Sor Mª del Carmen Navarro, que lle agradeceu a Mercadona a súa colaboración: “Con Mercadona chegou o Nadal adiantado ao noso Comedor Social”.

Neste sentido, Mercadona quere destacar o gran labor solidario que desenvolve o Comedor Social Nuestra Señora del Carmen onde acotío se ofrecen comidas aos máis carenciados. A compañía, a través do seu Director Provincial de Relacións Externas, Arcadio Peñate, indicou: "Queremos agradecerlle a Sor Mª del Carmen Navarro e a todo o seu equipo a súa total disposición e destacar a gran calidade das instalacións coas que conta o comedor, onde puidemos comprobar o inestimable servizo que lles presta cada día a aquelas persoas que se encontran nunha difícil situación. Con esta colaboración esperamos poder contribuír a facela un poco máis levadeira. Desde Mercadona agradecemos moi enerxicamente o esforzo conxunto dos nosos clientes, traballadores e voluntarios, xa que entre todos fixemos posible que as accións solidarias se convirtan nunha axuda real e efectiva para aqueles concidadáns que atravesan unha situación de necesidade”.

Durante 2016, Mercadona doou máis de 311 toneladas de produtos de primeira necesidade nas Canarias a Bancos de Alimentos e Comedores Sociais, máis concretamente, na provincia das Palmas, ao Banco de Alimentos das Palmas, a Cáritas Gran Canaria, a El Refugio Majorero en Fuerteventura e á Fundación Canaria Flora Acoge en Lanzarote.

Até setembro de 2017, desde Mercadona téñense doado máis de 6.900 toneladas de produtos de primeira necesidade a 138 entidades benéficas de toda España, o que equivale a 116.595 carros da compra.

Imaxe de cabeceira: Aarón, traballador de Mercadona, xunto a Mª del Carmen Navarro, responsable do Comedor Social Nuestra Señora del Carmen (As Palmas de Gran Canaria).