- Mercadona doará a diario produtos de primeira necesidade ao Comedor Social e Casa de Acollida La Milagrosa, CIA Fillas da Caridade, situado nas Palmas de Gran Canaria
- Durante o ano 2017 Mercadona doou en Canarias máis de 320 toneladas de produtos de primeira necesidade a bancos de alimentos e comedores sociais
Mercadona e o Comedor Social e Casa de Acollida La Milagrosa iniciaron unha colaboración que consistirá en realizar unha doazón diaria de alimentos de primeira necesidade para distribuílos entre as persoas máis necesitadas, a través do gran labor social que realiza esta ONG co seu comedor.
A doazón realizarase á primeira hora da mañá, grazas aos recursos loxísticos e humanos que tamén achega Mercadona. Os produtos entréganse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para a súa preparación e/ou o seu consumo.
O pasado mércores 11 de xullo realizouse a primeira entrega de produtos perecedoiros coa presenza da Responsable do Comedor Social La Milagrosa, Sor Mª Dolores Cruz, que lle agradeceu a Mercadona a súa colaboración “é moi importante para o noso labor a achega dunha empresa tan comprometida coa Sociedade como Mercadona”.
Neste sentido, Mercadona quere destacar o gran labor solidario que vén desenvolvendo o Comedor Social e Casa de Acollida La Milagrosa onde diariamente se lles ofrecen comidas aos máis necesitados. A compañía, a través do seu Director Provincial de Relacións Externas, Arcadio Peñate, indicou tamén: "queremos agradecerlle a Sor Mª Dolores Cruz e a todo o seu equipo a súa total disposición, e destacar a gran calidade das instalacións coas que conta, onde puidemos comprobar o inestimable servizo que lles presta cada día a aquelas persoas que se encontran nunha difícil situación. Con esta colaboración esperamos poder contribuír a poder facela un pouco máis levadía (…) Dende Mercadona agradecemos moi enerxicamente o esforzo conxunto dos nosos clientes, traballadores e voluntarios, facendo posible que as accións solidarias se convertan nunha axuda real e efectiva”.
Durante o ano 2017 Mercadona doou en Canarias máis de 320 toneladas de produtos de primeira necesidade a bancos de alimentos e comedores sociais. Concretamente, na Provincia das Palmas, colabora co Banco de Alimentos das Palmas, os comedores sociais de Cáritas en Gran Canaria e Nª Señora do Carme. En Fuerteventura Mercadona colabora co Refuxio Majorero, Misión Cristina Moderna e en Lanzarote coa Fundación Canaria Flora Acoge.
Ata maio de 2018, dende Mercadona doáronse máis de 3.000 toneladas de produtos de primeira necesidade a 149 entidades benéficas de toda España, o que equivale a 50.725 carros da compra.