Simulación de como quedará o Mercado Municipal de Tavernes  Blanques (València) tras a rehabilitación

Mercadona cede varias parcelas ao concello de Tavernes Blanques (València) para zonas verdes

04 de maio de 2018
  • O proxecto da nova praza de 1.700 metros cadrados, un único espazo libre peonil dotado de zonas verdes, para que os veciños de Tavernes  Blanques (València) poidan gozar de actividades ao aire libre e desenvolver actividades de lecer, será realizado por Mercadona.
  • A compañía investirá un total de 2,5 millóns de euros na adquisición dos terreos e a súa posterior adaptación. 

Mercadona e o Concello de Tavernes  Blanques (València) teñen previsto asinar, trala súa ratificación no próximo pleno municipal do 10 de maio, un Convenio de colaboración para dotar aos veciños do devandito lugar dun espazo peonil, novas zonas verdes no municipio e a rehabilitación do Mercado Municipal. Para iso, a compañía investiu 1,5 millóns de euros na adquisición de 2 parcelas céntricas de 1.700 metros cadrados, cuxo terreo cederá ao Concello de Tavernes  Blanques (València) unha vez que realice as obras previstas, o que supoñerá un investimento adicional por parte de Mercadona estimado en 1 millón de euros.

Os terreos obxecto do convenio están situados na Avda. Corts Valencianes coa rúa Cervantes 3 e 5, esquina á Praza do Mercado. Para poder convertelos en zonas verdes, o Concello de Tavernes  Blanques (València) comprometeuse a permitir a súa execución urbanística, cuxo custo asumirá integramente Mercadona en conformidade coas necesidades do municipio.

Mercadona ten previsto iniciar as obras de adaptación deste proxecto a finais de 2018. Entre as características principais deste proxecto destacan a incorporación de xardíns verticais, melloras das instalacións eléctricas e da iluminación, e a habilitación de  zonas de paseo e de mobiliario urbano. O prazo de execución será de practicamente medio ano, está previsto cederlle os terreos ao Concello de Tavernes  Blanques aproximadamente no primeiro semestre de 2019.

Segundo José Saurí, director de Obras de Mercadona, “para nós é un privilexio ter a oportunidade de cederlles aos nosos veciños de Tavernes  Blanques estes espazos céntricos para zonas verdes. Levamos máis de catro décadas convivindo neste municipio como un veciño máis, e sempre estivemos comprometidos co seu desenvolvemento, polo que participar na execución deste proxecto dende o seu principio á súa fin é unha responsabilidade que asumimos con orgullo”.

Pola súa banda, Mari Carmen Marco, alcaldesa de Tavernes  Blanques, e Neus Sánchez, concelleira de Urbanismo do Concello de Tavernes  Blanques, valoraron o acordo como “unha oportunidade única para rexenerar ese espazo tan degradado e que os veciños do municipio poidan gozar dun lugar de lecer no centro do noso municipio”; ademais engadiron que “cabe destacar -e agradecer enormemente- o papel de Mercadona na transformación da realidade de Tavernes  Blanques dende hai moitos anos, sendo unha empresa clave que puxo o noso nome no mapa e que lles permitiu a moitos dos nosos veciños que poidan desenvolver o seu plan de vida no noso municipio grazas a un emprego”.

Simulación de como quedará a praza en Tavernes  Blanques (València) tras as obrasSimulación de como quedará a praza tras as obras.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é contribuír ao seu desenvolvemento e progreso de forma sostible. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa para contribuír ao desenvolvemento do Proxecto de Distribución Cidades Sostibles, entre outras medidas, e á mellora da calidade do aire nas nosas cidades, mediante a construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas, e coa aposta por camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos interprovedores a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 140 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con máis de 27 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

 

Imaxe de cabeceira: Simulación de como quedará o Mercado Municipal de Tavernes  Blanques (València) tras a rehabilitación.