Castaña orixe España en Mercadona

Mercadona aumenta as compras de castaña española un 12 % ata superar as 1.000 toneladas

05 de novembro de 2021
  • A campaña deste froito tan tipicamente outonal comeza en outubro e chega ata o mes de decembro.
  • A cadea aposta polo produto de proximidade, polo que compra castañas aos Provedores Totaler Miguel Arean e Hijos, Campos y Tierra del Jerte e Agrupación de Cooperativas del Valle del Jerte.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar máis de 1.000 toneladas de castaña de orixe España nesta tempada, que finaliza o próximo mes de decembro.

A cadea adquire este froito, que se vende en mallas dun quilo e medio quilo, aos Provedores Totaler Miguel Arean e Hijos (Chantada, Lugo), Campos y Tierra del Jerte (Malpartida de Plasencia, Cáceres) e Agrupación de Cooperativas del Valle del Jerte (Valdastillas, Cáceres), procedentes de campos de Ourense, Lugo, Pontevedra, León, Cáceres e Zamora.

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Castañas de orixe España, no lineal de MercadonaCastañas de orixe España, no lineal de Mercadona.

Recollida de castañas no campoRecollida de castañas no campo.