Sinatura convenio de colaboración co Banco de Alimentos de Ceuta

Mercadona asina un convenio de colaboración co Banco de Alimentos de Ceuta

21 de marzo de 2019
  • Con este acordo, a compañía comprométese a doar produtos de primeira necesidade para que o Banco poida distribuílos a través de entidades benéficas.
  • Mercadona formaliza así unha relación que xa iniciara en decembro ao participar na Gran Recollida celebrada na cidade autónoma, na que os clientes da compañía de supermercados doaron 6.700 quilos de produtos básicos.

A compañía de supermercados Mercadona e o Banco de Alimentos de Ceuta asinaron un convenio de colaboración que formaliza a súa relación, baseada na doazón de alimentos de primeira necesidade para distribuílos ás persoas máis necesitadas, a través das distintas organizacións asistenciais que colaboran co Banco de Alimentos de Ceuta. Pola súa parte, o Banco de Alimentos ratificou o seu compromiso de distribuír entre as organizacións sociais os produtos en condicións adecuadas para que poidan chegar ao consumidor en perfecto estado.

O convenio ten como finalidade continuar a relación que Mercadona xa iniciara co  Banco de Alimentos ao participar na Gran Recollida, celebrada o pasado mes de decembro na Cidade Autónoma e na que os clientes doaron 6.700 quilos de produtos básicos.

O presidente do Banco de Alimentos de Ceuta, Pedro Mariscal, mostrou a súa satisfacción e o seu agradecemento polo convenio asinado, xa que se abre unha nova etapa nas relacións entre Mercadona e o Banco de Alimentos, que sen dúbida dará os seus froitos a curto prazo, para poder cumprir cos fins sociais desta Asociación. Mariscal agradeceu "a colaboración incondicional que sempre encontrou en Mercadona para axudar ás persoas que máis o necesitan".

Por parte de Mercadona, o director de Relacións Externas en Ceuta, Rafa Piñero, agradeceulle ao Banco de Alimentos de Ceuta “o seu traballo e a súa dedicación altruísta ao servizo dos máis necesitados", afirmando que a sinatura do convenio "é a nosa contribución para que unha institución como o Banco de Alimentos poida desenvolver o seu encomiable labor".

O Banco de Alimentos de Ceuta é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo fin é aproveitar os excedentes de alimentos que se deriven da produción e comercialización destes, almacenándoos e distribuíndoos entre organizacións asistenciais recoñecidas legalmente de Ceuta.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é contribuír ao seu desenvolvemento e progreso de forma sostible. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos interprovedores a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con 170 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como, a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa cun total de 33 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Mercadona en Ceuta

A cadea de supermercados conta con dous establecementos na cidade autónoma de Ceuta. O primeiro supermercado, situado en La Almadraba, inaugurouse o pasado mes de setembro, mentres que en decembro de 2018 abriu a tenda situada na avenida de España. As dúas aperturas permitiron ampliar o cadro de persoal da compañía, ao incorporar 177 traballadoras e traballadores con emprego estable e de calidade. Así mesmo, o investimento total realizado nestes dous novos supermercados foi de 17,9 millóns de euros.

Imaxe de cabeceira: Á esquerda o presidente do Banco de Alimentos de Ceuta, Pedro Mariscal, e á dereita o director de Relacións Externas en Ceuta, Rafa Piñero.