AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Mercadona apoia a campaña de fomento do consumo de carne de coello

Mercadona apoia a campaña de fomento do consumo de carne de coello

03 de febreiro de 2017
  • Mercadona quíxose sumar a esta iniciativa, impulsada pola Organización Interprofesional do Sector Cunícola (INTERCUN), que ten como obxectivo dar a coñecer este produto entre a mocidade.
  • A carne de coello é un produto de orixe España, saudable e moi versátil que se pode encontrar na Carnicería de Mercadona.

A Organización Interprofesional do Sector Cunícola (INTERCUN) iniciou unha campaña en toda España destinada a poñer en valor a carne de coello na poboación en xeral e, especialmente, entre o público máis novo.

Mercadona apoia esta iniciativa de fomento do consumo da carne de coello, unha carne con gran tradición en España, saudable e moi versátil, xa que ofrece infinitas posibilidades na cociña.

INTERCUN ten previsto nos próximos meses publicar receitas e suxestións para o seu consumo. O contido estará dispoñible nesta ligazón.

Mercadona traballa cos seus fornecedores no marco dunha Cadea Agroalimentaria Sustentable que fomenta relacións estables e a longo prazo para seguirmos ofrecendo produtos da máxima calidade e frescura aos seus clientes. 

Video en español: