Representantes de Mercadona e das Hermanitas de los Ancianos Desamparados durante a entrega

Mercadona amplía a súa rede social en Valencia e comeza a colaborar coas Hermanitas de los Ancianos Desamparados

17 de novembro de 2022
  • Esta nova colaboración súmase ás que xa mantén con outros centros da provincia de Valencia, como o Banco de Alimentos, Casa Caridad, o Albergue Sant Joan de Déu, Casal de la Pau, o Colexio Parroquial Diocesano Santiago Apóstol, El Puchero, Buñuelos Sin Fronteras de Gandía e a Fundación Ayuda Una Familia de Paterna.
  • Actualmente esta institución ten hospedados 64 anciáns en situación de vulnerabilidade, aos que reparten as súas cinco comidas diarias.
  • En 2021 a compañía doou máis de 630 toneladas de produtos de primeira necesidade ás organizacións e entidades benéficas coas que colabora na provincia de Valencia, un 77 % máis que en 2020 cando doou 355 toneladas.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, comeza a colaborar co comedor social Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Llíria, a través da doazón diaria de produtos de primeira necesidade que van destinados aos 64 anciáns que actualmente teñen hospedados.

Todas as mañás, dende a tenda que a compañía ten situada na rúa Pla de l'Arc de Lliria, entréganse produtos de primeira necesidade ás Hermanitas de los Ancianos Desamparados. Os traballadores da tenda son os encargados de preparar todas as mañás os alimentos necesarios, tales como pan, legumes, carne, lácteos, froita e verduras, e de transportalos directamente a este comedor social. 

Sor Teresa Martínez, Superiora da Residencia, afirma que no centro están moi agradecidas coa colaboración de Mercadona, pois “permítenos paliar un pouco os custos que neste momento todos estamos sufrindo e así poder seguir ofrecendo aos nosos anciáns o servizo que pola súa idade e situación eles necesitan, e agradecemos en nome dos residentes a colaboración”. 

Luis Notario, Carlos Coso, Vicente García e Juan Cotanda, traballadores da tenda de Mercadona dende onde se realiza a doazón e responsables de preparar todas as mañás os produtos, agradecen poder participar nesta iniciativa social, xa que dende o seu posto de traballo poden axudar a persoas con dificultades.

Por outro lado, Mª José Sisamón, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Castelló e Valencia norte, valora este acordo como “unha forma máis de reforzar o compromiso social na provincia de Valencia da compañía, ao ampliar a rede de asociacións e entidades benéficas coas que xa colabora, como por exemplo o Banco de Alimentos, Casa Caridad, o Albergue Sant Joan de Déu, Casal de la Pau, o Colexio Parroquial Diocesano Santiago Apóstol, El Puchero, Buñuelos Sin Fronteras de Gandía e a Fundación Ayuda Una Familia de Paterna. Debido a estas colaboracións, en 2021 a compañía reforzou as súas doazóns na zona e doou máis de 630 toneladas de alimentos, é dicir, un 77 % máis que en 2020, cando doou 355 toneladas”.

Hermanitas de los Ancianos Desamparados

É unha congregación relixiosa cuxo fin específico é a caridade cristiá cos anciáns máis vulnerables, acóllenos nun ambiente de familia e atenden todas as súas necesidades: materiais, de afecto e espirituais. Actualmente a congregación ten presenza en máis de 21 países distintos, dende onde se atende este colectivo en situación de vulnerabilidade.

Representantes de Mercadona e das Hermanitas de los Ancianos Desamparados durante a entregaRepresentantes de Mercadona e das Hermanitas de los Ancianos Desamparados durante a entrega.