Momento da primeira entrega de produtos á Asociación Padre Laraña (Santa Cruz de Tenerife)

Mercadona amplía a súa rede social en Tenerife e comeza a co-laborar co Comedor Social da Asociación Padre Laraña

14 de maio de 2018
  • Esta nova colaboración súmase ás que a compañía xa mantén con outros centros da provincia de Santa Cruz de Tenerife, o Banco de Alimentos de Tenerife (Banco Teide) e a Obra Social La Milagrosa, Comedor Social La Noria.

Mercadona iniciou unha colaboración co Comedor Social da Asociación Padre Laraña situado en Ofra (Santa Cruz de Tenerife). Esta nova colaboración consistirá en realizar unha doazón diaria de alimentos de primeira necesidade que se entregará á primeira hora da mañá grazas aos recursos loxísticos e humanos que achega Mercadona.

O pasado luns 7 de maio efectuouse a primeira entrega de produtos perecedoiros coa presenza da responsable da cociña, Yayi Rodríguez, así como a directora do centro, Sol Martínez, que lle agradeceron a Mercadona a súa colaboración e destacaron a calidade e frescura dos produtos doados.

Esta colaboración coa Asociación Padre Laraña forma parte do compromiso que Mercadona mantén coa sociedade. Deste xeito, o Plan de Responsabilidade Social de Mercadona atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte da súa política, Mercadona colabora con máis de 140 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Durante o ano 2017 Mercadona doou 9.600 toneladas de alimentos en toda España.

Concretamente, en Canarias, a compañía doou máis de 311 toneladas de produtos de primeira necesidade a Bancos de Alimentos e Comedores Sociais. Na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Mercadona colabora habitualmente co Banco de Alimentos de Tenerife (Banco Teide) e a Obra Social La Milagrosa, Comedor Social La Noria.

Dende o ano 2011, Mercadona está adherida ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción. Ademais tamén forma parte da Rede Canaria de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) do Goberno de Canarias cuxo acto de adhesión se levou a cabo o pasado 26 de abril en Lanzarote.

Imaxe de cabeceira: Primeira entrega de produtos realizada polo repartidor de Mercadona, Francisco José Ramos, á responsable da cociña da Asociación Padre Laraña, Yayi Rodríguez.