Bolsa de plástico de Mercadona no andel dun supermercado

Mercadona amplía a súa rede social en Galicia e comeza a colaborar co comedor social da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos

20 de abril de 2018
  • Mercadona doaralle acotío alimentos de primeira necesidade ao comedor social da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, que leva 100 anos a axudar os menos favorecidos.
  • No 2017 a compañía dooulles máis de 773 toneladas de alimentos ás organizacións e entidades benéficas coas que colabora en Galicia. 

A compañía de supermercados Mercadona comezou a colaborar co comedor social da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, a través da entrega cotiá de produtos básicos. A compañía apoia deste xeito o gran labor social que a institución realiza desde hai 100 anos na cidade da Coruña.

A Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, situada na Ronda de Outeiro nº 325 da Coruña, nace como Padroado da Caridade no 1918 co fin de extinguir a mendicidade na cidade da Coruña. Ao longo da súa traxectoria continuou a medrar e a ampliar o seu traballo no ámbito da inclusión social, a educación infantil e a atención ás persoas maiores.

O comedor social da entidade, con 164 prazas, cobre as necesidades de manutención de persoas en situación de emerxencia social e persoas sen teito os 365 días do ano. Nas súas instalacións corenta persoas, entre voluntarios e trabajadores, atenden os usuarios en tres servizos diarios: almorzo, xantar e cea.

O Presidente da Institución, Eduardo Aceña, explicou que "lle estamos moi agradecidos a Mercadona por colaborar connosco, e é xusto lembrar que a achega desinteresada de produtos frescos, non é máis do que unha resposta a unha evidente solidariedade social no respecto á dignidade das persoas coa finalidade de igualar os desiguais". Celso López, un dos repartidores encargados de levar os alimentos, explica que “para nós é un orgullo poder axudar, o Padre Rubinos realiza un gran labor social e nós estamos encantados de colaborar neste tipo de accións solidarias tan importantes en tempos difíciles".

A doazón cotiá realízase pola mañá e para iso Mercadona achega os seus propios recursos loxísticos e mais humanos. A Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos vén sumarse aos 10 comedores sociais máis cos que a compañía colabora en Galicia desde o 2013.

Entrega de alimentos ao comedor social da Real Institución Benéfico Social Padre RubinosDoazón de alimentos de primeira necesidade ao comedor social da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

Esta iniciativa solidaria responde á inquietude de Mercadona por crear valor compartido, contribuíndo ao desenvolvemento do benestar da sociedade que a rodea. A compañía colabora acotío con 140 comedores sociais de diferentes localidades de España, alén de manter convenios de colaboración con máis de 60 institucións e entidades benéficas. No seu compromiso social Mercadona doou máis de 9.600 toneladas de alimentos durante o 2018, o que representa 3.100 toneladas máis que no exercicio anterior. En concreto, en Galicia a compañía doou 773,4 toneladas a diferentes comedores sociais e entidades benéficas durante o último ano, reforzando o traballo solidario de todas estas organizacións cuxo obxectivo é dar unha resposta digna ás necesidades dos máis carenciados.