Logo Mercadona na entrada da tenda

Mercadona afiánzase como a primeira empresa do sector e a segunda a nivel nacional con mellor reputación segundo a clasificación MERCO 2020

08 de outubro de 2020
  • En total, más de 44.000 persoas recoñecen a reputación da compañía na 20.ª edición da clasificación.
  • Cidadáns, consumidores, sindicatos, ONG, xornalistas e directivos participan na avaliación.
  • O presidente de Mercadona, Juan Roig, ocupa a primeira posición na “Clasificación Xeral de Líderes 2020”.

Mercadona consolídase como a 1.ª empresa do sector da Distribución Xeralista en España e a 2.ª empresa con mellor reputación en España na “Clasificación Xeral de Empresas 2020” do Monitor Español de Reputación Corporativa (MERCO).

Tamén, o mesmo monitor sitúa ao presidente da compañía, Juan Roig, como o líder con mellor reputación en España ao ocupar a 1.ª posición na “Clasificación Xeral de Líderes 2020”, mantendo así o mesmo posto que a pasada edición.

Ambos os dous resultados obtivéronse a través das valoracións de máis de 44.000 persoas pertencentes a diversos ámbitos tales como, directivos de empresas, catedráticos, analistas financeiros, asociacións de consumidores, cidadáns, representantes de ONG, sindicatos, periodistas e influentes; entre outros. Para a realización da clasificación, Merco avalía distintas dimensións como a calidade dos produtos e servizos, a reputación interna, o clima laboral ou a ética empresarial.

Fiel ao seu modelo de Calidade Total, Mercadona móstrase, unha edición máis, moi orgullosa dos resultados, ao tratarse dun recoñecemento por parte da sociedade daqueles lugares onde está presente. Pero, á súa vez, é plenamente consciente do percorrido de mellora existente en ámbitos como a dixitalización e a xestión medioambiental, nos que a compañía xa está traballando dende anos atrás co obxectivo de contribuír a mellorar o ámbito social, económico e ambiental co que se relaciona.

O proxecto empresarial de Mercadona foméntase na promoción e no fomento da prosperidade compartida. Para iso, aposta por unha actividade eficiente, responsable e sostible que xera benestar e lle permite avanzar diariamente no obxectivo de “ser unha empresa que a xente queira que exista e sinta orgullo dela”.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (MERCO)

MERCO é un dos principais monitores de Reputación Corporativa de España e Latinoamérica. Este monitor, que este ano publica a súa 20.ª edición, réxese por unha rigorosa metodoloxía e a auditora KPMG verifícao de maneira independente. Así mesmo, a devandita organización non recibe subvención ou patrocinio nin público nin privado, e a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes.

As principais áreas avaliadas foron a calidade dos seus produtos e servizos, a reputación interna e o clima laboral, os resultados económico-financieros, a ética, e a responsabilidade social e medioambiental das empresas; entre outros.

Logo EActiVate