Mercadona

Mercadona abre unha nova tenda en Leganés (Madrid)

15 de decembro de 2016
  • A nova tenda de Mercadona en Leganés supuxo un investimento de 3,4 millóns de euros e conta cun cadro de persoal de 38 traballadores con emprego estable e de calidade.
  • Na súa construción participaron unha media de 50 fornecedores, que empregaron a máis de 170 persoas durante a fase de obra.

Mercadona abriu un novo supermercado en Leganés (Madrid), concretamente na Avenida Puerta de Alcalá, número 3. A compañía investiu 3,4 millóns de euros nesta tenda, en cuxa construción participaron unha media de 50 fornecedores, que empregaron a máis de 170 persoas durante a fase de obra.

O centro conta cunha superficie de sala de vendas de 1.608 metros cadrados, onde se localizan todas as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, perfumería, alimentación envasada, bebidas e droguería. Cómpre destacar as renovadas seccións de produtos frescos, como a peixería, que inclúe peixe da rula; a de forno a granel; e a sección de froita e vexetais, que aposta por produtos de proximidade. Tamén dispón de zonas de descanso, vestiarios e unha sala de formación, espazos destinados aos 38 traballadores do cadro de persoal.

Por outro lado, destaca o carácter eco-eficiente do supermercado que incorpora un conxunto de medidas (recuperadores da calor, iluminación máis eficiente, temporizadores e portas automáticas) que reducen o consumo enerxético até nun 20%.

O horario de abertura do centro é de luns a sábado de 9h00 a 21h30, e dispón dun aparcadoiro de 145 prazas destinado a facilitar a compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Mercadona habilitou, ademais, o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web.

Sempre Prezos Baixos

Esta nova abertura permite que os clientes de Mercadona se beneficien da súa coñecida e exclusiva política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de xeito permanente. Grazas a iso, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes máis calidade por menos prezo, compromiso que, en tempos como os actuais, é máis importante que nunca para as economías familiares.

Mercadona na Comunidade de Madrid

Coa posta en andamento deste supermercado, Mercadona mantén a súa aposta decidida pola Comunidade de Madrid. No peche do ano 2015 contaba con 170 tendas e cun cadro de persoal de 9.160 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Ademais, a compañía mantén relación comercial con 347 pemes desta comunidade e realiza compras a fornecedores da Comunidade de Madrid por valor de 1.409 millóns de euros ao ano.