Mercadona

Mercadona abre un novo supermercado en Zamora

12 de decembro de 2016
  • Este establecemento substitúe o antigo supermercado situado na Avenida de Galicia.
  • A compañía investiu 2,5 millóns de euros na nova tenda, que conta cun cadro de persoal de máis de 40 traballadores con emprego estable e de calidade.

Mercadona abriu un novo establecemento en Zamora, concretamente na rúa de La Nava, no Polígono de la Hiniesta. A nova tenda, en que se investiron 2,5 millóns de euros, substitúe as antigas instalacións que a cadea de supermercados tiña localizadas na Avenida de Galicia.

O centro componse dunha superficie de sala de vendas de 1.600 metros cadrados, onde se localizan as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, perfumería, alimentación envasada, bebidas e droguería. Entre todas elas, destacan as renovadas seccións de produtos frescos, como a peixería, que inclúe peixe directo da rula; a de forno a granel; e a sección de froita e vexetais, que aposta polos produtos de proximidade. Ademais, a tenda dispón de zonas de descanso e vestiario para os máis de 40 traballadores que conforman o cadro de persoal, e unha sala de formación.

Por outro lado, a tenda sobresae polo seu carácter eco-eficiente, ao incorporar un conxunto de medidas (recuperadores da calor, iluminación eficiente, temporizadores e portas automáticas) que reducen até nun 20% o consumo enerxético.

O horario de abertura do supermercado é de luns a sábado de 9h00 a 21h30. Os clientes que se movan en vehículo privado disporán dun aparcadoiro de 160 prazas que lles facilitará a compra. Mercadona tamén habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da súa páxina web.

Sempre Prezos Baixos

Esta nova abertura permite que os clientes de Mercadona se beneficien da súa coñecida e exclusiva política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos). Consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade e de forma permanente. Isto permítelle á compañía ofrecer aos seus clientes máis calidade nos seus produtos por menos prezo.

Mercadona en Castela e León

A posta en andamento deste supermercado reforza a aposta que Mercadona mantén por Castela e León, onde, no peche do pasado exercicio 2015, contaba con 65 tendas e un cadro de persoal de 3.465 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Do mesmo xeito, a compañía mantén relación comercial con 2.000 pemes desta comunidade e realiza compras a fornecedores da zona por valor de 1.538 millóns de euros ao ano.