Mercadona

Mercadona abre un novo supermercado en Xinzo de Limia (Ourense)

15 de decembro de 2016
  • A compañía investiu 2,2 millóns de euros na nova tenda, cuxo cadro de persoal se compón de 28 traballadores con emprego estable e de calidade.
  • Na súa construción participaron unha media de 40 fornecedores, que empregaron a máis de 160 persoas durante a fase de obra.

Mercadona abriu unha nova tenda en Xinzo de Limia (Ourense), concretamente no Parque Empresarial do municipio. A cadea de supermercados investiu 2,2 millóns de euros neste establecemento, en cuxa construción participaron unha media de 40 fornecedores, que empregaron a máis de 160 persoas durante a fase de obra.

O centro conta cunha superficie de sala de vendas de 1.700 metros cadrados polos que se reparten todas as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, perfumería, alimentación envasada, bebidas e droguería. Entre elas, destacan as renovadas seccións de produtos frescos, como a peixería, que inclúe peixe directo da rula; a de forno a granel; e a sección de froita e vexetais, que aposta polos produtos de proximidade. A tenda tamén dispón de zonas de descanso e vestiarios para os 28 traballadores que compoñen o cadro de persoal, así como dunha sala de formación.

A nova tenda abrirá de luns a sábado de 9h00 a 21h30, e dispón dun aparcadoiro de 183 prazas destinado a facilitarlles a compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Por outro lado, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web.

Do mesmo xeito, cómpre destacar o carácter eco-eficiente do establecemento, pois incorpora medidas (como recuperadores da calor, iluminación máis eficiente, temporizadores e portas automáticas) que reducen até nun 20% o consumo enerxético.

Sempre Prezos Baixos

Con esta nova abertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de forma exclusiva. Consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Por iso, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes máis calidade por menos prezo.

Mercadona en Galicia

A posta en andamento deste supermercado significa o mantemento da aposta decidida que Mercadona ten por Galicia, onde conta con 56 tendas e un cadro de persoal de 1.775 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Do mesmo xeito, a compañía mantén relación comercial con 1.350 pemes desta comunidade e en 2015 realizou compras a fornecedores da zona por valor de 1.115 millóns de euros.