Mercadona abre un nuevo supermercado en Ribadeo

Mercadona abre un novo supermercado en Ribadeo (Lugo)

03 de novembro de 2016
  • A nova tenda supuxo un investimento de 2,4 millóns de euros e conta cun cadro de persoal de 28 traballadores con emprego estable e de calidad.
  • Na súa construción participaron unha media de 40 fornecedores, que deron emprego a máis de 160 persoas durante a fase de obra.

Mercadona abre hoxe un novo establecemento en Ribadeo (Lugo), concretamente na Avda. Ribadeo S/N, Antiga Estrada N 634-PK 555. O investimento realizado neste supermercado foi de 2,4 millóns de euros e conta cun cadro de persoal de 28 traballadores con emprego estable e de calidade.

O centro posúe unha superficie de sala de vendas de 1.671 metros cadrados, onde se localizan todas as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, perfumería, alimentación envasada, bebidas e droguería. Destacan as renovadas seccións de produtos frescos como a da peixería, que inclúe peixe directo da rula, a de forno a granel, e a sección de froitas e vexetais, que aposta polos produtos de proximidade.

Do mesmo xeito, a tenda dispón de zonas de lecer e vestiarios para os traballadores, ben como dunha sala de formación tamén destinada ao cadro de persoal. Na súa construción participaron unha media de 40 fornecedores, que deron emprego a máis de 160 persoas durante a fase de obra.

O horario de abertura do supermercado é de luns a sábado, de 09h00 a 21h30 e dispón dun aparcadoiro de 170 prazas para facilitar o acto de compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web.

Por outra parte, cómpre salientar o carácter eco-eficiente do supermercado, que incorpora un conxunto de medidas (como recuperadores da calor, iluminación máis eficiente, temporizadores e portas automáticas) que reducen até nun 20% o consumo enerxético.

Sempre Prezos Baixos

Con esta nova abertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a iso, Mercadona pode ofrecer aos seus clientes máis calidade por menos prezo.

Mercadona en Galicia

Coa posta en andamento deste supermercado, Mercadona mantén a súa aposta decidida por Galicia, onde conta con 55 tendas e un cadro de persoal de 1.775 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Do mesmo xeito, a compañía mantén relación comercial con 1.350 pemes desta comunidade e realizou en 2015 compras a fornecedores desta comunidade por valor de 1.115 millóns de euros ao ano.