Mercadona

Mercadona abre un novo supermercado en Oiartzun (Gipuzkoa)

25 de novembro de 2016
  • Na fase de construción participaron 73 fornecedores, que deron emprego a 182 persoas durante a fase de obra.

  • O novo establecemento, en que se investiron 1,5 millóns de euros, conta cun cadro de persoal de 40 traballadores con emprego estable e de calidade.

Mercadona inaugurou hoxe un novo supermercado en Oiartzun (Gipuzkoa), concretamente na rúa Elbarrena, número 1. A compañía investiu 1,5 millóns de euros neste establecemento, en cuxa construción e posta en andamento participaron 73 fornecedores, que deron emprego a 182 persoas durante a fase de obra.



Pola súa sala de vendas de 1.500 metros cadrados, esténdense as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, perfumería, alimentación envasada, bebidas e droguería. Mais tamén destacan as renovadas seccións de produtos frescos, como a peixería, que ofrece peixe directo da rula; o forno a granel, e a sección de froita e vexetais, en que se aposta polos produtos frescos de proximidade. Ademais, o establecemento conta con zonas de descanso, vestiarios e unha sala destinada á formación continua dos 40 traballadores que conforman o cadro de persoal.

Mercadona abre un nuevo supermercado en Oiartzun (Guipuzkoa)Novo supermercado Mercadona en Oiartzun, Guipuzkoa.

O supermercado abre de luns a sábado, de 9h15 a 21h15. Os clientes que se movan ao centro no seu vehículo privado disporán dun aparcadoiro con 225 prazas. Por outro lado, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio, a telecompra e a compra online a través da páxina web.

Outro aspecto destacado desta nova tenda é o seu carácter eco-eficiente. Incorpora un conxunto de medidas, entre as que destacan os recuperadores da calor, a iluminación máis eficiente e o uso de temporizadores e portas automáticas, que reducen até nun 20% o consumo enerxético.

Sempre Prezos Baixos

Con esta nova abertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva. Consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade de forma permanente. Grazas a iso, Mercadona pode ofrecer aos seus clientes máis calidade nos seus produtos por menos prezo.

Sobre Mercadona en Euskadi

Mercadona mantén a súa aposta decidida por Euskadi, onde xa conta con 13 establecementos. Cinco deles localizados en Araba/Álava, concretamente en Vitoria-Gasteiz; outros cinco están en Bizkaia (tres en Bilbao, un en Barakaldo e outro en Basauri) e, por último, encontramos tres tendas en Gipuzkoa (Irun, Eibar e agora, Oiartzun). 520 persoas traballan nestes centros, todas elas con emprego estable e de calidade.

Por outra parte, en agosto de 2015 comezou a construción dun bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz, en que nunha primeira fase se investirán 50 millóns de euros. Crearanse 100 postos de traballo e abasteceranse os supermercados da zona norte.

Do mesmo xeito, Mercadona mantén relacións comerciais con 1.233 pemes e empresas desta comunidade. En 2015 realizou compras a fornecedores vascos por valor de 316 millóns de euros e, xunto cos fabricantes interfornecedores, investiu 26,4 millóns de euros en Euskadi. Un exemplo dos seus fornecedores agroalimentarios e da súa aposta polo produto local é a compra de máis de 120.000 quilos de pataca de Araba/Álava, ben como de máis de 3.500 toneladas de peixe fresco como a pescada, o bonito, a anchoa, a sardiña, o chicharro, a xarda, o lirio e a meiga, quer na costa biscaíña quer na guipuscoana.

Dentro da súa responsabilidade social corporativa colabora cos Bancos de Alimentos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa, co comedor social “Nuestra Señora de los Desamparados”, en Vitoria-Gasteiz, e coas “Hermanitas de los Pobres” de Bilbao. O pasado exercicio, a colaboración con entidades sociais en Euskadi atinxiu as 73,4 toneladas de alimentos doados.