Mercadona abre un nuevo supermercado en Madrid Dic

Mercadona abre un novo supermercado en Madrid

02 de decembro de 2016
  • A nova tenda, localizada na rúa Camino Viejo de Leganés, supuxo un investimento de 3,2 millóns de euros.
  • Durante a fase de obra, participaron unha media de 35 fornecedores que deron emprego a máis de 130 persoas.

Mercadona inaugurou unha nova tenda en Madrid, concretamente na rúa Camino Viejo de Leganés, 102-104. A compañía investiu neste establecemento 3,2 millóns de euros, e o seu cadro de persoal componse de 37 traballadores con emprego estable e de calidade. Na súa construción participaron unha media de 35 fornecedores, que deron emprego a máis de 130 persoas durante a fase de obra.

O centro componse dunha superficie de sala de vendas de 1.368 metros cadrados, onde se localizan todas as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, perfumería, alimentación envasada, bebidas e droguería. Nesta liña, destacan as renovadas seccións de produtos frescos como a de peixería, que inclúe peixe directo da rula; a de forno a granel; e a sección de froita e vexetais, que aposta polos produtos de proximidade. Do mesmo xeito, a tenda dispón de zonas de descanso e vestiarios para os traballadores e dunha sala de formación.

A tenda destaca tamén polo seu carácter eco-eficiente, ao incorporar un conxunto de medidas (recuperadores da calor, iluminación máis eficiente, temporizadores e portas automáticas) que reducen até nun 20% o consumo enerxético.

O horario de abertura do supermercado é de luns a sábado, de 9h00 a 21h30.  Do mesmo xeito, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web www.mercadona.es.

Sempre Prezos Baixos

Con esta nova abertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva. Consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a isto, Mercadona pode ofrecer aos seus clientes máis calidade por menos prezo, compromiso, en tempos como os actuais, moi relevante para as economías familiares.

Mercadona na Comunidade de Madrid

A posta en andamento deste supermercado, reforza a aposta decidida de Mercadona pola Comunidade de Madrid. No peche do ano 2015, a compañía contaba con 170 tendas e un cadro de persoal de 9.160 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Da mesma forma, Mercadona mantén relación comercial con 347 pemes desta comunidade e realiza compras a fornecedores madrileños por valor de 1.409 millóns de euros ao ano.