Detalle do logo de Mercadona.

Mercadona abre supermercado no Mercat Central de Tarragona

16 de marzo de 2017
  • Incorpora o novo modelo de tenda eficiente que a compañía está a implementar en todo o territorio.
  • Esta nova tenda, completamente conectada tecnoloxicamente, presenta un deseño e unhas seccións totalmente renovadas que melloran a experiencia de compra dos clientes, xerando ademais un aforro enerxético de até un 40% respecto dunha tenda tradicional.
  • Supuxo un investimento de máis de 7 millóns de euros e conta cun cadro de persoal de 38 traballadores.
  • Na súa construción participaron 26 fornecedores, que deron emprego a preto de 120 persoas durante a fase de obra.
  •  Con este novo proxecto, xa son 37 os mercados municipais en que a compañía está presente.

Mercadona inaugura hoxe un novo supermercado en Tarragona cidade, concretamente no Mercat Central situado na Plaça de Corsini s/n. Este supermercado, que abre co Novo Modelo de Tenda Eficiente e en cuxa construción participaron 26 fornecedores que deron emprego a preto de 120 persoas durante a fase de obra, presenta un novo deseño que mellora a distribución, a decoración e a disposición de todas as seccións co obxectivo de mellorar e optimizar a experiencia de compra dos seus "Xefes", como a compañía denomina internamente os seus clientes.

A nova tenda supuxo un investimento de máis de 7 millóns de euros e conta cun cadro de persoal de 38 traballadores con ocupación estable e de calidade. Ten unha superficie de sala de vendas de 1.600 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda, ao tempo que dispón de instalacións máis eco-eficientes..

Novidades en todas as seccións

Ademais presenta novidades en todas as seccións e delas benefícianse tanto os “Xefes” (clientes), como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Por exemplo, dispón dunha nova entrada con duplo acristalado que evita correntes de aire, de andeis específicos para o leite fresco e para os zumes refrixerados, dunha máquina de autoservizo para a elaboración de zume de laranxa acabado de espremer, dun novo punto de acabado para a carne, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada e dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades.

Este novo modelo de tenda eficiente procura ofrecer un mellor servizo para facilitar a compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores das froitas e dos vexetais, un novo modelo de cesta da compra e dous modelos de carros, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Para alén diso, co obxectivo de facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Alén de dispor de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de lecer, así como dunha zona comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Mercat Central de TarragonaNovo supermercado Mercadona no Mercat Central de Tarragona.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda eco-eficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional, por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor das paredes e dos teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Por outra parte, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

Do mesmo xeito, este Novo Modelo de Tenda de Mercadona, completamente conectada tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, cos que compartiren información desde calquera sección da tenda, facilitando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos.  

Aposta polos mercados municipais

Este novo proxecto súmase aos 36 mercados municipais en que Mercadona xa está presente e segue a consolidar a súa aposta decidida pola recuperación dos mercados co obxectivo de potenciar o comercio urbano dos barrios e dos concellos.

O horario de abertura do supermercado é de luns a sábado, de 09h00 a 21h00. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web.