Mercadona elixida a empresa con maior reputación en España

Mercadona, a empresa con maior reputación en España

06 de xullo de 2022
  • A compañía lidera a “Clasificación Xeral de Empresas 2022” elaborada por Merco.
  • O presidente de Mercadona, Juan Roig, encabeza a “Clasificación Xeral de Líderes 2022”.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, lidera a “Clasificación Xeral de Empresas” do Monitor Español de Reputación Corporativa (Merco). Na valoración por sectores, a compañía tamén ocupa a primeira posición na categoría da distribución xeralista. É a primeira vez que Mercadona ascende ao primeiro posto nas 22 edicións de historia desta clasificación.

Pola súa parte, o presidente da compañía, Juan Roig, mantén o liderado na “Clasificación Xeral de Líderes 2022” presentado polo mesmo monitor, posición que ocupa por cuarto ano consecutivo.

Para a elaboración desta 22.ª edición, Merco contou coa participación de máis de 46.000 persoas provenientes de distintos ámbitos, como directivos de empresas, analistas financeiros, catedráticos, asociacións de consumidores, ONG, sindicatos, periodistas, influentes e cidadáns. Estes valoraron as distintas empresas incluídas na listaxe segundo variables reputacionais relacionadas cos resultados económicos, a calidade da oferta comercial, o espírito innovador, a xestión de talento, o comportamento ético, e a responsabilidade e reputación corporativa.

Un ano máis, Mercadona móstrase moi satisfeita cos resultados e valora moi positivamente a súa inclusión nesta clasificación, xa que lle permite detectar fortalezas e aspectos nos que seguir mellorando cada día co obxectivo de ofrecerlles aos “Xefes” (clientes) unha oferta dunha calidade contundente a uns prezos imbatibles, así como “ser unha empresa que a sociedade queira que exista e sinta orgullo dela”.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (Merco)

Merco, que este ano publica a súa 22.ª edición, é un dos principais monitores de Reputación Corporativa de España e Latinoamérica. Réxese por unha rigorosa metodoloxía, é verificada en cada edición de maneira independente pola auditora KPMG e non recibe subvención ou patrocinio nin público nin privado, e a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes.