Entrada Mapubli en Paterna

Mapubli, provedor de Mercadona, reinvéntase para continuar xerando actividade económica

09 de abril de 2020
  • A compañía, especializada en comunicación visual á medida, colabora con Mercadona dende 2004 e é Provedor Totaler de carteis para as súas tendas, almacéns e oficinas.
  • Esta empresa valenciana, que antes subministraba exclusivamente servizos de carteis, adaptou os seus procesos para fabricar parte das láminas protectoras que a compañía de supermercados instalou recentemente na súa liña de caixas como medida de protección para reforzar a seguridade e saúde dos seus clientes e traballadores.

Mapubli, empresa valenciana especializada en comunicación visual á medida, adaptou parte da súa actividade para continuar xerando actividade económica e salvar os máis de 115 postos de traballo que desenvolven a súa actividade na empresa. A compañía, que dende 2004 colabora con Mercadona e é Provedor Totaler de carteis para as súas tendas, almacéns e oficinas, aproveitou os seus recursos para, na conxuntura excepcional actual, producir parte das láminas de protección e separación que dende o pasado 23 de marzo a compañía instalou de forma progresiva na liña de caixas das súas máis de 1.600 tendas, co obxectivo de reforzar as medidas de seguridade e saúde dos seus clientes e traballadores.

Mapubli, grazas á súa experiencia e ao seu coñecemento, foi capaz, ao igual que unha trintena de provedores de distintas partes de España que tamén participaron no proxecto das láminas, de deseñar e fabricar partes destas no prazo dunha semana, o que supuxo un investimento por parte de Mercadona de aproximadamente 100.000 euros para só este provedor.

Segundo José Miguel Monteagudo Aguilar, xerente de Mapubli, “dende que Mercadona nos trasladou a necesidade de estudar medidas de protección para os seus clientes e traballadores durante o momento do pagamento da compra na sección de caixas, estudamos conxuntamente a mellor maneira de ofrecer unha resposta eficiente, a pesar de non estar especializados no deseño e fabricación de láminas de protección. Dadas as circunstancias, destinamos unha parte moi relevante dos nosos recursos a esta solución, nun momento en que factores como a seguridade, urxencia de resposta e fabricación eran claves para, ademais, continuar xerando actividade económica e salvagardar o proxecto profesional das máis de 115 persoas que desenvolven a súa carreira profesional na compañía”.

Sobre Mapubli

Mapubli está especializada en comunicación visual á medida e no deseño, fabricación e aplicación de proxectos gráficos e estruturais de PLV, sinalización e impresión dixital. Tras 15 anos de crecemento constante centrado en impulsar o recoñecemento de marca dos seus clientes tanto en Retail como en Branding, Events, Packaging e I+D+i creativo, Mapubli consolidou un equipo profesional de 115 persoas.

Con sede social en Náquera (Valencia), Mapubli desenvolve máis de 12.000 proxectos anuais e equipa 4.000 puntos de venda en retail, grazas á súa especialización e á súa capacidade produtiva, que se concreta en 10.000 metros cadrados de produción e loxística e 50 máquinas industriais.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará

Fachada das instalacións do Provedor Totaler Mapubli en Paterna (Valencia)Fachada das instalacións do Provedor Totaler Mapubli en Paterna (Valencia).

Nuevas medidas cajas Covid-19Pantalla de protección na sección de caixas.