Logo de Mercadona nunha fachada dun supermercado

Madrid - Mercadona inaugura unha nova tenda eficiente

23 de outubro de 2018
  • A nova tenda supón a creación de 32 novos postos de traballo estables e de calidade.
  • Esta nova tenda eficiente presenta novidades en todas as seccións e melloras tanto a nivel medioambiental, como tecnolóxico e de servizo, co obxectivo de optimizar a experiencia total de compra dos seus clientes.
  • O novo supermercado supuxo un investimento de 4 millóns e na súa construción participaron 31 provedores, que lles deron emprego a máis de 110 persoas durante a fase de obra.

Mercadona inaugura hoxe un novo supermercado eficiente en Madrid, concretamente na rúa Ayala, 89. Este supermercado, que abre co Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona que reforza a excelencia no servizo e optimiza o acto de compra dos seus clientes, presenta melloras das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes), como os traballadores, os provedores e a sociedade.

Para iso, este novo supermercado conta con novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispón de lineais específicos de leite fresco e zumes refrixerados, un novo punto de acabado para a carne, unha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, un servizo de zume de laranxa acabado de espremer e unha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, especialidades de sushi, unha nova sección de forno con rebandadora de pan ou pastelería refrixerada entre as novidades, ou unha nova chacinería con xamón cortado co coitelo e envasado, entre outras novidades. 

Ademais, o supermercado da rúa Ayala, 89 dispón, entre outras melloras, dunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos, e un novo modelo de carro da compra e un novo modelo de carro tipo cesta moito máis ergonómicos e lixeiros.

Esta nova xeración de supermercado eficiente conta cunha superficie de sala de vendas de 1.513 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda con novas cores e novos materiais, tanto na fachada exterior de acceso ao supermercado como na distribución das distintas seccións. Así mesmo aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Na construción desta nova tenda eficiente de Mercadona participaron 31 provedores que lles deron emprego a 110 persoas durante a fase de obra.

Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e os traballadores de Mercadona

Adicionalmente, con obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa Mercadona desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Ademais esta Nova Tenda Eficiente de Mercadona está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores, cos que poder compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o que facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40% o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

O horario de apertura deste supermercado é de luns a sábado, de 9 a 21:30 horas. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra en liña a través da páxina web www.mercadona.es

Con esta nova apertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlle aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto,  unha oferta eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

No momento do peche de 2017, Mercadona investira máis de 480 millóns de euros tanto para a reforma como apertura de novos supermercados con este novo Modelo de Tenda.

Mercadona na Comunidade de Madrid

Coa posta en marcha deste supermercado, Mercadona mantén a súa aposta decidida pola Comunidade de Madrid onde conta con 182 tendas e un cadro de persoal de 10.533 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Así mesmo, a compañía traballa con 9 interprovedores e máis de 50 provedores especialistas desta comunidade, aos que realiza compras por valor de 2.085 millóns de euros ao ano.