Exterior tenda Mercadona

Madrid - Mercadona inaugura dúas novas tendas eficientes, unha na capital e outra en Valdemoro

03 de decembro de 2018
  • As novas tendas supoñen a creación de 27 postos de traballo, na que abre hoxe en Madrid capital, e 13 na que abre na localidade de Valdemoro, todos eles postos de traballo estables e de calidade.
  • Estas novas tendas eficientes presentan novidades en todas as seccións e melloras tanto a nivel medioambiental, como tecnolóxico e de servizo, co obxectivo de optimizar a experiencia total de compra dos seus clientes.
  • O novo supermercado da rúa Estocolmo supuxo un investimento de 5,7 millóns e na súa construción participaron 43 provedores, que deron emprego a máis de 120 persoas durante a fase de obra.
  • Pola súa parte, a nova tenda de Valdemoro supuxo un investimento de 3,1 millóns e na súa construción participaron 46 provedores, que deron emprego a máis de 394 persoas durante a fase de obra.

Mercadona inaugura hoxe dous novos supermercados eficientes en Madrid, concretamente na rúa Estocolmo, 22-24 e na rúa Emilia Pardo Bazán, 5 (Valdemoro). Estes supermercados, que abren co Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona que reforza a excelencia no servizo e optimiza o acto de compra dos seus clientes, presentan melloras das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes), como os traballadores, os provedores e a sociedade.

Para iso, estes novos supermercado contan con novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispoñen de lineais específicos de leite fresco e zumes refrixerados, un novo punto de acabado para a carne, unha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, un servizo de zume de laranxa acabado de espremer e unha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, especialidades de sushi, unha nova sección de forno con rebandadora de pan ou pastelería refrixerada entre as novidades.

Ademais, ambos os dous supermercados dispoñen, entre outras melloras, dunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos, e un novo modelo de carro da compra e un novo modelo de carro tipo cesta moito máis ergonómico e lixeiro.

Esta nova xeración de supermercados eficientes contan cunha superficie de sala de vendas de 1.726 metros cadrados o situado en Madrid capital e 1.913 metros cadrados o situado na localidade de Valdemoro. Dispoñen dun deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda con novas cores e novos materiais, tanto na fachada exterior de acceso ao supermercado como na distribución das distintas seccións. Así mesmo aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Na construción destas novas tendas eficientes de Mercadona en Madrid participaron 43 provedores que deron emprego a 120 persoas durante a fase de obra, mentres que no supermercado de Valdemoro participaron 46 provedores que deron emprego a 394 persoas.

Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e os traballadores de Mercadona

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, eses novos supermercados inclúen múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, os novos mobles de caixa Mercadona desenvolvéronse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. As tendas tamén dispoñen de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Ademais estas Novas Tendas Eficientes de Mercadona están completamente conectadas tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores, cos que poder compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o que facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40% o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio. Ademais, contan cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

O horario de apertura destes supermercados é de luns a sábado, de 9 a 21:30 horas, e dispoñen dun aparcadoiro de 133 prazas o situado na rúa Estocolmo e 112 prazas o que se encontra en Valdemoro, para facilitarlles o acto de compra a todos os clientes que se despracen en vehículo privado. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra en liña a través da páxina web www.mercadona.es.

Con estas novas aperturas os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto,  unha oferta eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

No momento do peche de 2017, Mercadona investira máis de 480 millóns de euros tanto para a reforma como para a apertura de novos supermercados con este novo Modelo de Tenda.

Mercadona na Comunidade de Madrid

Coa posta en marcha deste supermercado, Mercadona mantén a súa aposta decidida pola Comunidade de Madrid, onde conta, no momento do peche do ano 2017, con 182 tendas e un cadro de persoal de 10.533 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Así mesmo, a compañía traballa con 9 interprovedores e máis de 50 provedores especialistas desta comunidade, aos que realiza compras por valor de 2.085 millóns de euros ao ano.