Apertura supermercado Mercadona Madrid

Madrid - Mercadona alcanza os 200 supermercados na Comunidade, coa inauguración dunha tenda na rúa Príncipe de Vergara

28 de novembro de 2023
  • Coa apertura hoxe dun novo centro situado na rúa Príncipe de Vergara, a compañía alcanzou a cifra de 200 supermercados en Madrid, 176 dos cales xa teñen implantado o novo modelo de tenda eficiente.
  • Este supermercado conta con 53 traballadores con emprego estable e de calidade e realizouse un investimento para a súa construción de 6,5 millóns de euros, incluído o custo dunha cuberta axardinada. Nela participaron 42 provedores, que deron emprego a 165 persoas durante a fase de obras.
  • Mercadona ten 12.216 persoas no cadro de persoal, con emprego estable e de calidade, na Comunidade de Madrid. Pechou o exercicio 2022 cun volume de compras na Comunidade de 2.623 millóns de euros, cifra que reflicte a aposta sostida polo tecido produtivo madrileño.

Mercadona abre hoxe un novo supermercado eficiente en Madrid, concretamente na rúa Príncipe de Vergara 90 –  General Pardiñas 99. Esta nova tenda conta con 53 empregados e supuxo un investimento de 6,5 millóns de euros. Ademais, na súa construción participaron 42 provedores, que deron emprego a 165 persoas durante a fase de obras.

A compañía construíu neste novo supermercado unha cuberta axardinada, que se suma ás que Mercadona xa ten nalgunhas tendas de Madrid e que constitúe un exemplo de iniciativa econinnovadora que contribúe á eficiencia enerxética. Trátase dunha cuberta duns 765 metros cadrados que conta con zonas verdes, resoltas con plantas autóctonas, que achega vantaxes estéticas, técnicas e medioambientais tanto á tenda como ao ámbito de vivendas no que se encontra. Grazas a este tipo de construcións, a compañía logra reducir a contaminación e o denominado “efecto illa de calor”, xera importantes aforros enerxéticos grazas ao aproveitamento da absorción da calor para a climatización interior, reforza o illamento acústico, diminúe o consumo de auga e mellora a vida útil das cubertas. A execución desta cuberta axardinada, innovadora e sostible, supuxo un investimento para a compañía de 110.000 euros.

Este novo supermercado conta con novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispón de lineais específicos de leite fresco e zumes refrixerados, unha nova chacinería con xamón cortado con coitelo e envasado, unha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, un servizo de zume de laranxa acabado de espremer, especialidades de sushi, unha nova sección de forno con rebandadora de pan, entre outras novidades.

Así mesmo, nesta tenda incorpórase a sección de “Listo para comer”, que conta con pratos listos para consumir. As diferentes opcións sérvense en envases fabricados con materiais naturais, como a cana de azucre (material compostable), o cartón ou o papel.

Ademais, os supermercados dispoñen, entre outras melloras, dunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos, unha área de descanso na propia tenda con cadeiras e mesas onde os “Xefes” poden consumir o prato acabado de preparar e acompañalo con bebidas frías, un novo modelo de carro da compra e un novo modelo de carro tipo cesta, moito máis ergonómico e lixeiro.

Este novo supermercado eficiente ten unha superficie de sala de vendas de 1.160,35 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao modelo de tenda anterior, con novas cores ou materiais, tanto na fachada exterior de acceso como na distribución das diferentes seccións. Aposta tamén por espazos amplos e diáfanos, que facilitan a entrada de luz natural, e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

En canto ao aspecto medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40 % o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, como a mellora do illamento térmico e acústico, coa optimización dos materiais e o grosor de paredes e teitos, e novos mobles de conxelados máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

O horario de apertura deste supermercado é de luns a sábado, de 9:00 a 21:30 horas. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra en liña a través da páxina web www.mercadona.es.

Con esta nova apertura, os clientes beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de maneira exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto, unha oferta eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e os traballadores de Mercadona

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Ademais, esta nova tenda eficiente está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, cos que se pode compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea.

Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o que facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente na xestión dos produtos frescos.

Tenda Mercadona na rúa Príncipe de Vergara en Madrid con cuberta axardinadaCuberta axardinada da tenda eficiente de Mercadona en Príncipe de Vergara en Madrid.

Perfumería en Mercadona de Príncipe de Vergara en MadridSección Perfumería en Mercadona de Príncipe de Vergara en Madrid.

Viños en Mercadona de Príncipe de Vergara en MadridCorredor de viños de Mercadona da rúa Príncipe de Vergara de Madrid.

Mercadona Madrid Príncipe de Vergara (Madrid)Fachada Mercadona Príncipe de Vergara en Madrid.