Detalle dos novos logos do novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona.

Madrid - Mercadona inaugura o seu novo Modelo de Tenda Eficiente en Alcorcón e San Sebastián de los Reyes

23 de marzo de 2017
  • Este novo modelo de supermercado, completamente conectado tecnoloxicamente, presenta un deseño e unhas seccións totalmente renovadas que melloran a experiencia total de compra dos clientes, cun aforro enerxético de até un 40% respecto dunha tenda tradicional.
  • A tenda do Centro Comercial Tres Aguas de Alcorcón, reabre após unha reforma integral cun investimento de 800.000 euros e a participación de 27 fornecedores que facilitaron emprego a máis de 50 persoas durante a reforma.
  • Ademais, a tenda de San Sebastián de los Reyes, situada na Avenida de la Sierra 24 de Madrid, conlevou un investimento de máis de 425.000 euros, e a participación de 36 fornecedores, que deron emprego a máis de 215 persoas durante a fase de reforma.

Mercadona reabre hoxe dous supermercados na Comunidade de Madrid, concretamente no C.C. Tres Aguas de Alcorcón e na Avenida de la Sierra 24, en San Sebastián de los Reyes, após unha reforma integral para os adaptar ao novo Modelo de Tenda Eficiente da compañía. Supuxo un investimento conxunto de máis de 1,2 millóns de euros e a participación de 63 fornecedores que deron emprego a 265 persoas durante a fase de reforma. Os novos supermercados presentan un deseño renovado que mellora a distribución, a decoración e a disposición de todas as seccións co obxectivo de mellorar e optimizar a experiencia de compra dos seus "Xefes", que é como a compañía denomina internamente os seus clientes.

As novas tendas eficientes de Mercadona en Alcorcón e San Sebastián de los Reyes contan cunha superficie de venda de 1.800 e 1.780 metros cadrados respectivamente e dispoñen dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda, con novas cores e materiais, quer na fachada exterior quer na distribución das diferentes seccións. Aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Novidades en todas as seccións

Ademais, presenta novidades en todas as seccións e delas benefícianse tanto os “Xefes” (clientes), como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Por exemplo, dispón dunha nova entrada con duplo acristalado que evita correntes de aire, de andeis específicos para o leite fresco e para os zumes refrixerados, dunha máquina de zume de laranxa acabado de espremer, dun novo punto de acabado para a carne, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada e dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades.

Este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tamén procura ofrecer un mellor servizo para facilitar a compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores da froita e dos vexetais, un novo modelo de cesta da compra e dous modelos de carros, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Para alén diso, co obxectivo de facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Dispón, aínda, de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de lecer, así como dunha zona comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda eco-eficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional, por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

Do mesmo xeito, este Novo Modelo de Tenda de Mercadona, completamente conectada tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, coas que poderen compartir información desde calquera sección da tenda, facilitando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

O horario de abertura dos supermercados é de luns a sábado, de 9h00 a 21h30, e ambos dispoñen dun aparcadoiro para facilitar a compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web.

Con esta nova abertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de xeito exclusivo e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a isto, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes unha variedade eficaz, con independencia de quen fabrique o produto, coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Mercadona ten previsto para o exercicio 2017 investir 180 millóns de euros en reformar e renovar con este Novo Modelo de Tenda Eficiente 126 tendas repartidas por toda España, así como investir 5 millóns de euros en I+D+i en novas melloras informáticas. 

Localización do novo supermercado eficiente de Mercadona en Alcorcón (Madrid):

Localización do novo supermercado eficiente de Mercadona en San Sebastián de los Reyes (Madrid):