Enquisa de Hábitos de Consumo 2021

A Mesa de Participación de Asociacións de Consumidores presenta os resultados da ‘Enquisa Sobre Hábitos de Compra e Consumo 2021’

01 de decembro de 2021
  • Os resultados da enquisa baséanse na opinión de 3.500 familias de toda España durante o primeiro semestre de 2021.
  • Os resultados conclúen que o consumidor español quere ser sostible pero non a custa do presuposto e que a calidade é un dos factores máis importantes á hora de elixir produto e establecemento.
  • Mercadona forma parte da Mesa de Participación de Asociacións de Consumidores (MPAC) xunto ás Confederacións e Federacións de asociacións e usuarios CECU, FUCI, UNAE e CAUCE.

Mesa de Participación de Asociacións de Consumidores (MPAC) presentou os resultados da 'Enquisa Sobre Hábitos de Compra e Consumo 2021' na que participaron 3.500 familias de toda España. A sondaxe realizouse durante o primeiro semestre de 2021 pola MPAC, o grupo de traballo formado por Confederacións e Federacións de asociacións de consumidores e usuarios CECUFUCIUNAE e CAUCE, xunto con Mercadona.

Vídeo en español

Un dos principais obxectivos deste ano era coñecer o grao de coñecemento, compromiso e implicación dos consumidores españois sobre sostibilidade. Os resultados desvelan que o consumidor está a favor da sostibilidade, pero non a calquera prezo. O 93 % dos enquisados recoñece que os hábitos de compra e consumo da poboación teñen impacto ambiental.

A conciencia ambiental é cada vez maior e a sociedade  móstrase favorable á reciclaxe e á separación de residuos. Así mesmo, os resultados conclúen tamén no aumento real da preocupación e actitude combativa contra o desperdicio alimentario.

Documento en español

Encuesta Hábitos de Consumo 2021

Descargar

 

Principais resultados

Estes son os principais resultados da 6.ª ‘Enquisa Sobre Hábitos de Consumo’:

  • Recórrese máis aos alimentos funcionais para complementar a dieta.
  • Aumento no número de enquisados que aseguran non buscar información na etiquetaxe e sinalan como necesaria unha mellora desta.
  • O consumidor coñece a diferenza entre data de caducidade e a data de consumo preferente pero o 59 % dos enquisados confesa consumir produtos unha vez superada a data de caducidade.
  • Aumento da confianza no comercio en liña a pesar de que aínda non está consolidada.
  • Seis de cada dez enquisados non se senten vulnerables para exercer os seus dereitos como consumidor en condicións de igualdade.
  • O consumidor outorga unha grande importancia á calidade por enriba da proximidade e do prezo.

Sobre a MPAC

A Mesa de Participación (MPAC) é un foro de debate e grupo de traballo formado polas Confederacións e Federacións de asociacións de consumidores e usuarios CECU, FUCI, UNAE e CAUCE xunto con Mercadona. Fundada en 2014, a MPAC reúnese periodicamente co fin de debater sobre temas de actualidade, novas tendencias e hábitos de consumo e co obxectivo de propoñer solucións conxuntas no ámbito do consumo e de establecer lazos de unión entre a administración, os consumidores e o ámbito empresarial.