Prato de Nadal con paviña

A carnicería de Mercadona volve poñer á venda paviña para as comidas de Nadal

21 de decembro de 2021
  • Dende hoxe e ata fin de ano, a compañía pon a disposición dos seus “Xefes” este produto nun formato de aproximadamente 4 quilos.
  • O Provedor Totaler Procavi é o responsable de elaborar este produto nas súas instalacións situadas en Marchena (Sevilla).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, dentro da súa campaña de Nadal “O mellor para dar o mellor” -onde selecciona unha serie de produtos para que os “Xefes” (clientes) ofrezan aos seus durante estas datas-, pon á venda paviña, prato típico nas comidas de Nadal.

A paviña de Mercadona, dispoñible dende hoxe e ata fin de ano na carnicería das máis de 1.600 tendas que a compañía ten en España e Portugal, véndese nun formato de aproximadamente 4 quilos e é elaborado polo Provedor Totaler Procavi nas súas instalacións situadas en Marchena (Sevilla), quen dende hai dous anos acometeu unha mellora para perfeccionar a presentación da paviña.  

Preparando unha receita con paviñaPreparando unha receita con paviña.

Prato de Nadal con paviñaPrato de Nadal con paviña.