Galiñas criadas no chan do interfornecedor de Mercadona Huevos Guillén

Huevos Guillén produce para Mercadona os seus primeiros ovos libres de gaiola

04 de abril de 2018
  • Cun investimento inicial  de 7 millóns de euros, Huevos Guillén xa iniciou o proceso de transformación das súas instalacións.
  • Actualmente encóntranse dispoñibles en 59 supermercados de Mercadona en Valencia e mais en Alacante e, a final de ano, teranse incorporado en máis de 180 tendas.
  • Mercadona comprométese a que no 2023, dous anos antes do previsto, todos os ovos comercializados sexan de galiñas non criadas en gaiola.

Huevos Guillén, empresa produtora de ovo fresco e mais de ovoprodutos, serviulle esta semana á cadea de supermercados Mercadona, compañía da que é interfornecedora especialista, os seus primeiros ovos procedentes de galiñas criadas no chan.

Grazas a iso, desde o 3 de abril un total de 59 supermercados de Mercadona, situados nas provincias de Valencia e mais de Alacante, dispoñen de ovos de galiñas non criadas en gaiola nos seus andeis, marcados cos códigos 1 e 2, é dicir, campeiras e criadas no chan respectivamente. Mercadona e os seus fornecedores teñen previsto incrementar progresivamente a produción e a venda deste tipo de ovos ao longo do ano, até pechar o 2018 en máis de 180 supermercados.

Para abordar este novo reto, a compañía e os fornecedores de ovo de Mercadona, en concreto Huevos Guillén, ten previsto investir un total de 60 millóns de euros, que lle permitirán pór a funcionar novas instalacións e naves para garantir a crianza das súas galiñas no chan e mais campeiras.

No 2023 Mercadona, dous anos antes do previsto, terá á venda unicamente ovos procedentes de galiñas non criadas en gaiolas. Esta medida, tal e como indicou Margarita Muñoz, directora de Responsabilidade Social de Mercadona, “é parte do firme compromiso social de Mercadona, manifestado entre outras moitas accións a través da súa Política de Benestar Animal, que foi ratificada por todos os seus fornecedores e está dispoñible na web corporativa da compañía”.

Alén diso, Mercadona mantivo conversas coa organización internacional Igualdade Animal para a informar do proceso de implementación. Nese sentido Javier Moreno, director de Igualdade Animal, destacou que o anuncio da compañía “de rebaixar a data ao 2023 para deixar de vender ovos de galiñas en gaiola, supón un grande avance para mellorar o benestar animal e mais as condicións das galiñas. Este compromiso será moi importante para todo o sector e hoxe podemos dicir, sen dúbida, que o fin das gaiolas para galiñas en España está máis preto”. 

Cartel en español:

Mercadona ha comenzado a ofrecer en supermercados de las provincias de Valencia y Alicante huevos procedentes de gallinas camperas y criadas en sueloCartel fixado nos 59 supermercados de Valencia e mais de Alacante para informar os “xefes” (clientes) da medida.

 

Imaxe de cabeceira: Galiñas criadas no chan nas instalacións do interfornecedor Huevos Guillén.