Mercadona abre hoxe o seu primeiro supermercado en Elgoibar

Gipuzkoa – Mercadona inaugura unha nova tenda eficiente en Elgoibar

11 de decembro de 2018
  • A nova tenda supón a creación de 40 novos postos de traballo estables e de calidade e o investimento de 4 millóns de euros.
  • Esta nova tenda eficiente presenta novidades en todas as seccións como unha nova chacinería con xamón cortado co coitelo, unha nova sección de forno con rebandadora de pan e pastelería refrixerada, co obxectivo de optimizar a experiencia total de compra dos seus clientes.
  • Na construción do novo supermercado, que reduce o seu consumo enerxético ata un 40% respecto a unha tenda convencional, participaron 92 provedores, que deron emprego a 335 persoas durante a fase de obra.

Mercadona inaugura hoxe un novo supermercado eficiente en Elgoibar (Gipuzkoa), concretamente na zona de Lerun Txiki. Este supermercado, que abre co Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona, supuxo a creación de 40 postos de traballo estables e de calidade e o investimento de 4 millóns de euros.

A tenda conta con novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispón de lineais específicos de leite fresco e zumes refrixerados, unha nova sección de forno con rebandadora de pan e pastelería refrixerada, un novo punto de acabado para a carne, unha nova chacinería con xamón cortado co coitelo e envasado, unha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, un servizo de zume de laranxa acabado de espremer e unha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades.

Ademais, o supermercado de Elgoibar dispón, entre outras melloras, dunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos, e dous novos modelos de carros da compra, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Esta nova xeración de supermercado eficiente conta cunha superficie de sala de vendas de 1.500 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda con novas cores e novos materiais, tanto na fachada exterior de acceso ao supermercado como na distribución das distintas seccións. Así mesmo aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Na construción desta nova tenda eficiente de Mercadona participaron 92 provedores que deron emprego a 335 persoas durante a fase de obra.

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40% o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

O horario de apertura deste supermercado é de luns a sábado, de 9:15 a 21:15 horas, e dispón dun aparcadoiro de 165 prazas. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra en liña a través da páxina web www.mercadona.es.

Con esta nova apertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto,  unha oferta eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Durante 2017 Mercadona investiu máis de 180 millóns de euros na reforma de 126 supermercados e na apertura doutros 29 novos supermercados con este novo Modelo de Tenda.

Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e os traballadores de Mercadona

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa Mercadona desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Ademais esta Nova Tenda Eficiente de Mercadona está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores, cos que poder compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o que facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

Mercadona en Euskadi

Mercadona ten 17 tendas en Euskadi: cinco en Vitoria-Gasteiz (Araba/Álava), tres en Bilbao, unha en Barakaldo, Basauri, Santurtzi e Berango (Bizkaia); e unha en Irun, Eibar, Oiartzun, Donostia / San Sebastián e Elgoibar (Gipuzkoa). O cadro de persoal está composto por 1.462 persoas, con emprego estable e de calidade. Ademais, xa culminou a primeira fase da construción do seu bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz cun investimento de 50 millóns de euros e a creación de 200 postos de traballo.

Así mesmo, ten relación comercial con 1.308 pemes desta comunidade e en 2017 realizou compras a provedores vascos por valor de 423 millóns de euros. A aposta de Mercadona polo produto local fixo que, durante a última campaña, compre 5.500 toneladas de peixe fresco, das lonxas de Bizkaia e Gipuzkoa; 236.000 quilos de pataca de Álava con Euskolabel; máis de 252.000 unidades de bolo de manteiga e máis de 12.000 pementos.

Ademais, no marco da súa responsabilidade empresarial doou máis de 486 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2017 a través dos Bancos de Alimentos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa e do comedor social Nuestra Señora de los Desamparados, de Vitoria-Gasteiz.