Entrega de tarxetas para alimentos Mercadona á Cruz Vermella na Rexión de Murcia.

Entrega berri hau, 240 erosketa-orga betetzeko adinakoa, Mercadonaren establezimenduetan elikagaiak eskuratzeko modua ematen die Murtziako eskualdeko familia zaurgarrienei.

29 de maio de 2017
  • Con esta nova entrega, Mercadona xa doou á Cruz Vermella, desde o comezo do acordo conxunto, máis de 93.000 quilos de alimentos ás familias máis vulnerables da Rexión de Murcia.
  • As familias poderán adquirir alimentos frescos con estas tarxetas nos establecementos Mercadona, completando así os lotes de alimentación que a Cruz Vermella reparte. 

Faustino Herrero, Presidente da Cruz Vermella na Rexión de Murcia, recibiu por parte de MERCADONA, unha nova entrega de tarxetas, equivalente a máis de 240 carros de compra. Mediante o uso destas tarxetas, as persoas que a Cruz Vermella atende na Rexión de Murcia, poderán adquirir alimentos frescos cos que completaren os lotes de alimentos envasados que reciben nas diferentes sedes que a institución ten repartidas en toda a Rexión de Murcia.

Faustino Herrero quixo salientar a colaboración que desde Mercadona están a manter na Rexión de Murcia coa Cruz Vermella en accións e iniciativas concretas que están a supor un grande alivio para as familias que atendemos e que tanto o precisan”. O presidente da Cruz Vermella sinalou que “Mercadona leva varios anos a colaborar connosco de xeito moi estreito para axudar a paliar a problemática das persoas necesitadas, situación que, lamentablemente, non parece que se poida solucionar a curto prazo". Engade, ademais, que "estas tarxetas de consumo que nos entrega Mercadona terán unha función moi específica, que as familias poidan adquirir principalmente produtos frescos, como a carne, o peixe, as froitas e os vexetais, o pan, etc. cos que complementaren e equilibraren a súa dieta. Pois o reparto de alimentos que nós desenvolvemos desde as nosas asembleas locais, que entregamos a case 60.000 persoas que así o precisan, é de produtos non perecedeiros procedentes do FEGA ou de doazóns de particulares e empresas".

Ana Belén Martínez, Directora de Relacións Externas de Mercadona na Rexión de Murcia, destacou que “esta iniciativa se engloba dentro dun acordo de colaboración que existe entre as dúas entidades e que se vén desenvolvendo desde o ano 2012, polo que Mercadona colabora coa Cruz Vermella para achegar o seu gran de area en axudar as familias murcianas que o precisaren. Concretamente, Mercadona doou un total de 93.000 quilos de alimentos á Cruz Vermella, reafirmando deste xeito o seu compromiso coas familias desfavorecidas da rexión.

Para alén diso, Mercadona na Rexión de Murcia colabora de xeito cotián con tres comedores sociais como son o Comedor Social Jesús Abandonado en Murcia, co que leva a traballar máis de catro anos, o Comedor Social de Caritas en Cartagena, co que colabora desde hai dous anos, e o Comedor Beata Piedad de la Cruz en Alcantarilla, ao que comezou a levar alimentos no ano pasado. Colaborou aínda en múltiples “Operaciones Kilo” e iniciativas como a do Banco de Alimentos, entre outras entidades, a través da súa campaña de concienciación social “La Gran Recogida”, dispoñendo dos supermercados que posúe en gran parte dos concellos da rexión.

En 2016, a empresa achegou máis de 160.000 quilos de produtos de primeira necesidade a diferentes entidades sociais da Rexión de Murcia.