Terreos de oliveira situados nas abas do parque natural de Serra de Andújar (Jaén)

Dúas medallas de ouro ao Aceite de Oliva Virxe Extra Casa Juncal Colleita Temperá de Mercadona

09 de xullo de 2021
  • Tanto o New York International Olive Oil Competition (NYIOOC) como o London International Olive Oil Competitions (London IOOC), certames de recoñecido prestixio, premian a calidade do AOVE da cadea de supermercados.
  • Trátase dun monovarietal elaborado coas olivas recollidas entre finais de outubro e a primeira quincena de novembro, do que se destaca o seu sabor e excelencia.
  • Este aceite provén de terreos de oliveiras situadas nas abas do parque natural da Serra de Andújar (Jaén) e é elaborado polo Provedor Totaler Aceites Oro Bailén Galgón 99 SLU.

O Aceite de Oliva Virxe Extra Casa Juncal Colleita Temperá de Mercadona, producido polo Provedor Totaler Aceites Oro Bailén Galgón 99 SLU, obtivo dúas medallas de Ouro á calidade do seu produto en dous certames distintos, ambos de recoñecido prestixio internacional, como son o New York International Olive Oil Competition (NYIOOC) e o London International Olive Oil Competitions (London IOOC).

Por un lado, o panel de xuíces do NYIOOC, un equipo de expertos que seguen un rigoroso protocolo técnico para analizar cada aceite en función das súas características e calidades sensoriais, destacou de Casa Juncal que “é un picual excepcional que conta cun intenso aroma a oliva verde e herba acabada de cortar. Posúe aromas herbáceos e afroitados de gran complexidade a tomate de vide, alcachofa, trigo verde e améndoa. Na boca, este aceite sorprende cun delicado e doce gusto inicial, retrogusto de améndoas e finaliza cun agradable e equilibrado picante. Destaca polo seu sabor persistente e harmonioso”.

Por outro lado, o London IOOC sinalou que este produto “integra as distintas fases de produción para asegurar unha trazabilidade total dende a formación do froito na árbore ata o envasado e comercialización do produto final, logrando así un excelente aceite”.

O Aceite de Oliva Virxe Extra Casa Juncal Colleita Temperá de Mercadona provén de terreos de oliveira da variedade picual en regadío, situados nas abas do parque natural da Serra de Andújar (Jaén). Elaborado coas olivas recollidas entre finais de outubro e a primeira quincena de novembro, estado de maduración no que este froito encontra o seu punto óptimo para conseguir unhas sensacións olfactivas e gustativas máis frescas, fragrantes, verdes e harmoniosas, á vez que os seus compoñentes máis saudables se encontran nos seus valores máis altos.

Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

O aceite Casa Juncal Colleita Temperá no lineal de MercadonaO aceite Casa Juncal Colleita Temperá no lineal de Mercadona.

Terreos de oliveira situados nas abas do parque natural de Serra de Andújar (Jaén)Terreos de oliveira situados nas abas do parque natural de Serra de Andújar (Jaén).