AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Apertura tendas Castelló

Castelló - Mercadona inaugura os seus dous primeiros supermercados eficientes na cidade de Castelló o 29 de novembro

20 de novembro de 2018
  • Este novo concepto de supermercado presenta novidades en todas as seccións e melloras tanto a nivel medioambiental, como tecnolóxico e de servizo, co obxectivo de optimizar a experiencia total de compra dos seus clientes.
  • A reforma do supermercado situado en El Grau de Castelló, para adaptalo ao novo Modelo de Tenda Eficiente, supuxo un investimento de 3,3 millóns de euros e a participación de 20 provedores de obras.
  • Por outro lado, a construción dun novo supermercado situado dentro do centro comercial Estepark supuxo o investimento de 2,7 millóns de euros e a participación doutros 35 provedores de obras.

Mercadona ten previsto inaugurar o 29 de novembro as súas dúas primeiras tendas co novo Modelo de Tenda Eficiente na cidade de Castelló; unha en El Grau de Castelló, concretamente na avenida Ferrandis Salvador; e outra dentro do centro comercial Estepark, avenida Enrique Gimeno número 101, cuxa nova apertura suporá o peche da súa outra tenda máis próxima situada na avenida Tàrrega Monteblanco. A reforma da primeira destas supuxo un investimento de 3,3 millóns de euros e a participación de 20 provedores de obras, e a apertura da segunda destas un investimento de 2,7 millóns de euros e a colaboración de 35 provedores. En total, a compañía investiu 6 millóns de euros na cidade de Castelló para dotala das súas dúas primeiras tendas eficientes. Este novo modelo de supermercado reforza a excelencia no servizo e optimiza o acto de compra dos seus clientes, presenta melloras das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes), como os traballadores, os provedores e a sociedade.

Para iso, este novo modelo conta con novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispón dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, unha nova sección de forno con rebandadora de pan, chacinería con xamón cortado e envasado, e unha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades.

Esta nova xeración de supermercado eficiente dispón, entre outras melloras, duns corredores máis amplos e un novo modelo de carro da compra moito máis ergonómico e lixeiro. Ademais, a sala de venda de ambos os dous supermercados, de máis de 1.800 metros cadrados no caso da tenda de El Grau de Castelló e de máis de 1.700 metros cadrados na de Estepark, dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda, con novas cores e novos materiais. Apóstase por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e os traballadores de Mercadona

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo modelo de supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa Mercadona desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. As tendas tamén dispoñen de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Ademais este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona está completamente conectado tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores, cos que poder compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o que facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40% o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

O horario de apertura do supermercado de El Grau de Castelló é de luns a sábado, de 09:00 a 21:30 horas, e dispón dun aparcadoiro de 173 prazas para facilitarlles o acto de compra a todos os clientes que se despracen en vehículo privado. Por outro lado, o horario de apertura do supermercado de Estepark é de luns a sábado de 10:00 a 22:00 horas e comparte o aparcadoiro do centro comercial con máis de 1.000 prazas. En ambos os dous casos, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra en liña a través da páxina web www.mercadona.es.

Con esta nova apertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto,  unha oferta eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

No momento do peche de 2017, Mercadona investira máis de 480 millóns de euros tanto para a reforma como para a apertura de novos supermercados con este novo Modelo de Tenda.