Laranxas a granel na sección de froita e vexetais dunha tenda de Mercadona

Campaña de laranxas de proximidade en Mercadona

21 de novembro de 2017
  • Mercadona prevé mercar 250.000 toneladas a máis de 2.500 fornecedores locais na campaña 2017-2018, o que supón un 20% máis que na campaña anterior.
  • Desde finais de outubro, en Mercadona podes encontrar laranxas da Comunidade Valenciana, Andalucía, Rexión de Murcia, Cataluña, Illas Baleares e das Canarias. 

Mercadona comeza coa campaña de laranxas de proximidade procedentes da Comunidade Valenciana, Andalucía, Murcia, Cataluña, Illas Baleares e das Canarias. A laranxa de proximidade estará á venda na sección de Froita e Vexetais de Mercadona até o mes de agosto de 2018 quer en malla quer a granel e no novo servizo de zume de laranxa acabado de espremer.

Mercadona ten previsto mercar 250.000 toneladas de laranxas a máis de 2.500 fornecedores locais o que supón un incremento do 20% respecto da campaña do ano pasado.

A tempada comeza coas laranxas da variedade Navelina. Posteriormente vanse ofrecendo laranxas das variedades Navel/Navelate, Lane-Late, Lane-Late Powell e Valencia-Late. A primeira laranxa da campaña adoita presentar un toque de acedume e, á medida que avanza a tempada, a laranxa vai adquirindo progresivamente maior dozura.

Mercadona ofrece laranxas nun estado óptimo de maduración e coa máxima frescura por mor de se encargar de transportar as laranxas aos seus supermercados no menor tempo posible grazas á súa rede loxística.

A laranxa é unha froita que ofrece moitas posibilidades de consumo. Pode consumirse quer enteira quer en sobremesas, zumes, marmeladas, doces ou repostería. Para alén de dispor dun alto contido de antioxidantes naturais e Vitamina C que a fan ser unha moi boa opción nestas datas máis propensas aos arrefriados.

Como se venden as laranxas en Mercadona?

  • Laranxas a granel.
  • Laranxas en malla de 3 kg. e malla de 6 kg.
  • Laranxas no servizo de zume de laranxa acabado de espremer.

Mercadona ofrece un innovador servizo de zume de laranxa acabado de espremer cunha grande acollida entre os clientes. Neste servizo, a entrada de laranxa de orixe local é máis serodia xa que se vai incorporando progresivamente desde o mes de novembro, garantindo así mesmo unha laranxa de gran calidade e sabor.  

Como funciona a campaña: Procedencia laranxas de Mercadona

Desde finais de outubro, até o mes de agosto do ano seguinte, Mercadona ofrece laranxas de proximidade en malla e a granel en todos os seus supermercados grazas aos acordos que Mercadona mantén con máis de 2.500 produtores locais de cítricos.

Cando o volume de produción da campaña de laranxa local se esgotou, cómpre importar laranxas doutras orixes. o cal só acontece durante dous meses ao ano, entre finais de agosto e finais de outubro. Por iso, máis do 90% das laranxas vendidas por Mercadona son de orixe local.

Mercadona realiza compras no noso país por valor de 16.055 millóns de euros ao ano e mantén acordos comerciais con 8.000 agricultores, 12.000 pescadores e 4.800 gandeiros do sector primario do noso país. Ademais, Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente "Fruta y Verdura de aquí y de ahora" que recomenda o consumo de froita e vexetais de xeito regular. As froitas e vexetais, caracterizadas pola súa calidade, sabor e variedade, fornecen vitalidade ao organismo.