Silueta Tenda Eficiente Mercadona en Jerez de la Frontera

Cádiz - Mercadona implanta o seu novo modelo de tenda eficiente en Jerez de la Frontera

10 de decembro de 2021
  • Esta tenda reabre tras unha reforma integral que supuxo un investimento de 3,2 millóns de euros e a participación de 30 provedores, que deron emprego a 120 traballadores durante a fase de reforma.
  • Esta nova tenda eficiente presenta novidades como a sección “Listo para Comer” e melloras tanto a nivel medioambiental como tecnolóxico e de servizo.

Mercadona reabre hoxe o seu supermercado de Jerez de la Frontera, situado na rúa Divina Pastora, tras unha reforma integral para adaptalo ao novo Modelo de Tenda Eficiente da compañía. Trátase dun edificio emblemático e histórico, que conta con protección ao estar situado na zona histórica da cidade, e que albergaba no pasado as naves da antiga Bodega San Patricio. Esta actuación, na que se respectaron as estruturas orixinais, supuxo un investimento de 3,2 millóns de euros e a participación de 30 provedores que deron emprego a 120 persoas durante a fase de reforma.

O Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona reforza a excelencia no servizo e optimiza o acto de compra dos seus clientes, con melloras enfocadas tanto aos “Xefes” (clientes) como aos traballadores, os provedores e a sociedade. Para iso, este supermercado conta con novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispón dunha nova chacinería con xamón cortado con coitelo e envasado, unha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, un servizo de zume de laranxa acabado de espremer, especialidades de sushi, unha nova sección de forno con rebandadora de pan e pastelería refrixerada ou unha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades. Así mesmo, nesta tenda incorpórase a nova sección “Listo para Comer”, que conta con distintos pratos que se serven en envases fabricados con materiais naturais como a cana de azucre (material compostable), o cartón ou o papel.

Ademais, este supermercado de Mercadona en Jerez conta cunha superficie de sala de vendas de 1.452 metros cadrados e cun  cadro de persoal de 34 traballadores con emprego estable e de calidade, así como 84 prazas de aparcadoiro.

Vídeo en español

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente e 6.25

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40 % o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente.

Ademais, o centro conta coa implantación da Estratexia 6.25 de Mercadona coa que se persegue un triplo obxectivo ata 2025: reducir un 25 % o plástico na súa marca propia, que todos os envases sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico que a súa actividade xera. Para iso, Mercadona está levando a cabo 6 accións concretas, algunha delas xa completadas como a eliminación da bolsa de plástico dun só uso en todas as seccións substituíndoas por compostables, así como a eliminación dos desbotables de plástico dun só uso. Ademais e de aquí ao 2025, a compañía comprométese a diminuír o uso de plástico dos seus envases eliminando o que non engada valor, substituíndoo por outros materiais e incorporando plástico reciclado. Ademais, Mercadona comprométese a que en 2025 todos os seus envases de plástico sexan reciclables. A quinta acción da Estratexia 6.25 compromete a Mercadona a reciclar o 100 % dos residuos plásticos das tendas físicas, Servizo a Domicilio e Online. E por último, Mercadona está axudándolles aos “Xefes” (como denomina os seus clientes) a reciclar achegándolles información útil sobre reciclaxe tanto na tenda como nos envases, a través de pictogramas indicativos.

Esta estratexia vén cerrar un movemento paulatino de aposta pola sostibilidade que ten as súas raíces nas políticas que acompañan a Mercadona dende hai 30 anos. Por exemplo, parte dos útiles do fogar están elaborados con materiais reciclados. Tamén dende hai décadas recóllense os plásticos e os cartóns das tendas, compáctanse e recíclanse para fabricar as bolsas da liña de caixa ou os cartóns de leite. E, dende hai 25 anos, os palés ou as caixas de froita son reutilizables, reparables, pregables e modulares. Lávanse e vólvense poñer en circulación entre os provedores unha e outra vez favorecendo os principios da Economía Circular.

Con esta nova apertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto, unha oferta eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.