Logo de Mercadona nunha fachada dun supermercado

Bizkaia – Mercadona inaugura unha nova tenda eficiente en Berango

10 de agosto de 2018
  • A nova tenda supón a creación de 40 novos postos de traballo estables e de calidade.
  • Esta nova tenda eficiente presenta novidades en todas as seccións e melloras tanto a nivel medioambiental, como tecnolóxico e de servizo, co obxectivo de optimizar a experiencia total de compra dos seus clientes.
  • O novo supermercado supuxo un investimento de 4 millóns e na súa construción  participaron 81 provedores, que lles deron emprego a máis de 230 persoas durante a fase de obra.

Mercadona inaugura hoxe un novo supermercado eficiente en Berango (Bizkaia), concretamente na zona de Landaida Goikoa. Este supermercado, que abre co Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona que reforza a excelencia no servizo e optimiza o acto de compra dos seus clientes, presenta melloras das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes) como os traballadores, os provedores e a sociedade.

Para iso, este novo supermercado conta con novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispón de lineais específicos de leite fresco e zumes refrixerados, unha nova sección de forno con rebandadora de pan e pastelería refrixerada, un novo punto de acabado para a carne, unha nova chacinería con xamón cortado co coitelo e envasado, unha expositor central na perfumería para a cosmética especializada, un servizo de zume de laranxa acabado de espremer e unha nova exposición nas peixerías para os produtos de cuncha, entre outras novidades.

Ademais, o supermercado de Berango dispón, entre outras melloras, dunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos e dous novos modelos de carros da compra, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Esta nova xeración de supermercado eficiente conta cunha superficie de sala de vendas de 1.500 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, tanto na fachada exterior de acceso ao supermercado como na distribución das distintas seccións. Así mesmo aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Na construción desta nova tenda eficiente de Mercadona participaron 81 provedores que deron emprego a máis de 230 persoas durante a fase de obra.

Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e os traballadores de Mercadona

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa Mercadona desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado y uns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Ademais esta Nova Tenda Eficiente de Mercadona está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores, cos que poder compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o que facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40% o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

O horario de apertura deste supermercado é de luns a sábado, de 9:15 a 21:15 horas, e dispón dun aparcadoiro de máis de 250 prazas para facilitarlles o acto de compra a todos os clientes que se despracen en vehículo privado. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra en liña.

Con esta nova apertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto,  unha oferta eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Durante 2017 Mercadona investiu máis de 180 millóns de euros na reforma de 126 supermercados e na apertura doutros 29 novos supermercados con este novo Modelo de Tenda.

Mercadona en Euskadi

Mercadona ten 16 tendas en Euskadi: cinco en Vitoria-Gasteiz (Araba/Álava), tres en Bilbao, unha en Barakaldo, Basauri, Santurtzi e Berango (Bizkaia); e unha en Irun, Eibar, Oiartzun e Donostia / San Sebastián (Gipuzkoa). O seu cadro de persoal está composto por 1.422 persoas, con emprego estable e de calidade. Culminou a primeira fase da construción do seu bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz cun investimento de 50 millóns de euros e a creación de 200 postos de traballo. Así mesmo, ten relación comercial con 1.308 pemes desta comunidade e en 2017 realizou compras a provedores vascos por valor de 423 millóns de euros. A aposta de Mercadona polo produto local fixo que, durante a última campaña, compre 5.500 toneladas de peixe fresco das lonxas de Bizkaia e Gipuzkoa, 236.000 quilos de pataca de Araba / Álava con Euskolabel, máis de 252.000 unidades de bolo de manteiga e máis de 12.000 pementos. Ademais, no marco da súa responsabilidade empresarial, doou máis de 486 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2017 a través dos Bancos de Alimentos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa e do comedor social Nuestra señora de los Desamparados, de Vitoria-Gasteiz.