Novo supermercado Mercadona en Mataró

Barcelona - Mercadona abre un novo supermercado eficiente en Mataró

22 de novembro de 2021
  • A nova tenda xera 28 novos postos de traballo estables e de calidade.
  • Supuxo un investimento de 5 millóns de euros e na súa construción participaron 50 provedores, que deron emprego a 140 persoas durante a fase de obras.
  • Está completamente conectado tecnoloxicamente e inaugúrase co novo modelo de tenda eficiente, que optimiza o acto de compra dos clientes e permite reducir ata un 40 % o consumo enerxético.
  • Con esta nova apertura, a compañía ten 251 supermercados en Catalunya, 175 dos cales xa teñen implantado o novo modelo de tenda eficiente.

Mercadona abre hoxe un novo supermercado eficiente en Mataró, concretamente en Can Soleret (Ronda dels Països Catalans). Esta nova tenda xerou 28 novos postos de traballo estables e de calidade, e supuxo un investimento de 5 millóns de euros. Ademais, na súa construción participaron 50 provedores, que deron emprego a 140 persoas durante a fase de obras.

O novo supermercado, que abre co novo modelo de tenda eficiente que a compañía está implantando en toda a cadea, presenta melloras das que se benefician tanto os "Xefes" (que é como Mercadona denomina os clientes internamente), como os traballadores, os provedores e a sociedade. Por iso, ofrece novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispón dunha nova chacinería con xamón cortado con coitelo e envasado, unha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, un servizo de zume de laranxa acabado de espremer, unha nova sección de forno con rebandadora de pan e pastelería refrixerada, especialidades de sushi e unha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades. 

Así mesmo, incorpora a nova sección "Listo para Comer", que ofrece un total de 35 pratos preparados para levar. Todas estas opcións sérvense en envases fabricados con materiais naturais, como a cana de azucre (material compostable), o cartón ou o papel.

Esta nova xeración de supermercado eficiente ten unha superficie de sala de vendas de 1.630 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao modelo de tenda anterior, con novas cores e materiais, tanto na fachada exterior de acceso como na distribución das diferentes seccións. Aposta tamén por espazos amplos e diáfanos, que facilitan a entrada de luz natural, e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

En canto ao aspecto medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40 % o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, como a mellora do illamento térmico e acústico coa optimización dos materiais e do grosor de paredes e teitos, e novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día para unha xestión enerxética moito máis eficiente.

O horario de apertura do supermercado é de luns a sábado, de 9:00 a 21:00 horas de outubro a maio (horario de inverno) e de 9:00 a 21:30 horas de xuño a setembro (horario de verán). Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra en liña a través do sitio web www.mercadona.es

Con esta nova apertura, os clientes beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de maneira exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto, unha selección eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Tecnoloxía e ergonomía para os traballadores

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios persoais máis amplos e cómodas.

Ademais, esta nova tenda eficiente está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores, cos que se pode compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o cal facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos.

Mercadona en Catalunya

Mercadona pechou o exercicio 2020 (últimos datos dispoñibles) cun volume de compras en Catalunya que alcanza os 3.981 millóns de euros, cifra que reflicte a aposta sostida polo tecido produtivo catalán. A compañía finalizou 2020 cun cadro de persoal de 14.615 persoas, todas elas con contratos estables e de calidade.

En canto ao novo modelo de tenda eficiente, empezou a implantalo en Catalunya en 2017 coa reforma do supermercado situado no municipio de Masquefa. A día de hoxe, a compañía ten 251 supermercados en Catalunya, 175 dos cales xa dispoñen do novo modelo.

Interior de Mercadona en Mataró na sección de Froita e VerduraSección de Froita e Verdura no supermercado Mercadona de Mataró.

Exterior do novo supermercado de Mercadona en MataróFachada da tenda eficiente de Mercadona en Mataró.

Exterior tenda eficiente Mercadona en MataróNovo supermercado Mercadona en Mataró.