Mural de trencadís do Punto de Acabado do Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona

Así se fan os murais que decoran as tendas Mercadona

05 de septembro de 2018
  • Os murais que decoran as tendas Mercadona están realizados coa técnica do trencadís por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.
  • En 2017 elaboráronse máis de 1.650 novos murais para situalos na Peixería e no Punto de Acabado dos supermercados da compañía.

Vídeo en español

No marco da política de innovación social de Mercadona, a compañía colabora con máis de 27 fundacións e centros ocupacionais na elaboración dos murais que decoran as seccións de Peixería e o Punto de Acabado da Carnicería das súas tendas. En 2017, máis de 1.000 persoas con discapacidade traballaron en máis de 1.650 novos murais.

Mercadona e Pamesa Cerámica puxeron en marcha este proxecto en 2011 coa finalidade de ofrecerlles a estas persoas unha formación e un emprego, ademais de desenvolver outras capacidades como o traballo en equipo e a concentración. Dende que se iniciara o proxecto, e ata 2017, instaláronse máis de 5.000 murais decorativos en supermercados de toda España.

O deseño dos murais, realizados coa técnica do trencadís, foi variando de acordo coa estética dos supermercados Mercadona. Coa posta en marcha do Novo Modelo de Tenda Eficiente a finais de 2016, a extensión do mural da peixería ampliouse e optouse pola combinación de cores azuis e grises; mentres que o deseño do novo Punto de Acabado da Carnicería é máis reducido e con tonalidades negras e grises.

Como se fan os murais de trencadís

A elaboración dos murais de trencadís  é unha tarefa totalmente artesanal, na que os usuarios das distintas entidades que colaboran con Mercadona teñen que realizar diversas tarefas motrices e de concentración que, á súa vez, están organizadas en distintos pasos nos que participan todos:

  1. Cando as distintas fundacións e os centros ocupacionais cos que colabora Mercadona reciben os pedazos rotos de cerámica por parte de Pamesa  Cerámica, os usuarios limpan, clasifican e marcan as pezas que formarán os murais de trencadís.
  2. Sobre un patrón debuxado vanse encaixando as pezas coidadosamente ata formar o mosaico.
  3. Con axuda dunha malla, os usuarios encolan a peza global.
  4. Déixase secar durante varias horas.
  5. Unha vez seco, numeran e dividen o mosaico en distintos módulos, para facilitar a súa posterior montaxe na tenda.
  6. Empaquetan os distintos módulos que formarán o mural completo e Pamesa Cerámica recólleos e trasládaos á tenda de Mercadona onde decorarán as seccións de Peixería e Carnicería.

Pasos para componer los murales de trencadís que decoran las secciones de Pescadería y Carnicería de Mercadona

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de Responsabilidade Social de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolverlle parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ambiental a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Dentro deste sitúase o proxecto trencadís.

Ademais, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos interprovedores a conversión de residuos en novos recursos.

Mercadona tamén colabora con máis de 140 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos.

Dende 2009, a compañía é membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida desde o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.