Clientes de Mercadona nunha comida

Así é a innovación conxunta cos clientes de Mercadona

25 de outubro de 2018
  • Para lanzar innovacións, desenvolver novos produtos ou mellorar os existentes, Mercadona dispón de Centros de Coinnovación para estudar e compartir cos clientes as súas experiencias de consumo.
  • En 2017 Mercadona mantivo 9.000 sesións con clientes e investiu 7 millóns de euros nestes centros.

Dende o ano 2011, Mercadona dispón dun Modelo de Coinnovación propio para poder dispoñer dunha Oferta Eficaz que satisfaga as necesidades dos seus "Xefes", como denomina os seus clientes. Nestes centros a compañía traballa para mellorar os produtos, desenvolver novas solucións ou innovacións a partir das opinións e necesidades dos seus clientes, que proban e testan cada un dos produtos. En 2017 Mercadona investiu 7 millóns nos seus 16 Centros de Coinnovación e realizou 9.000 sesións con clientes.

Exteriores del Centro de Coinnovación del Jarro en Paterna (València)

Exteriores do Centro de Coinnovación de El Jarro en Paterna (València).

Este proxecto pioneiro púxose en marcha no marco da "Estratexia Mandil", que consiste en "poñer o mandil" para compartir cos clientes experiencias e costumes de uso en alimentación, limpeza de roupa e do fogar, aseo persoal, e alimentación e coidado de mascotas.

Esta iniciativa permítelle á compañía aprender dos clientes e adaptar as solucións aos hábitos de consumo e gustos do consumidor. Desta forma é posible ofrecer unha variedade de máis de 8.000 produtos para que "O Xefe" teña a posibilidade de compoñer o seu "Carro Menú", isto é, a "Compra Total" ao mínimo custo mensual. Isto tamén é posible grazas aos interprovedores e provedores, todos eles especialistas en captar e desenvolver as mellores solucións e ao menor prezo. De feito, os fabricantes interprovedores de Mercadona destinan a I+D+dobre i máis recursos que a media española do sector, un 2,47% do seu cadro de persoal fronte ao 1,06% (fonte: Instituto Nacional de Estatística).

Como é o proceso de Coinnovación cos clientes

Proceso del Modelo de Coinnovación con Proceso do Modelo de Coinnovación co "Xefe" de Mercadona

O Modelo de Coinnovación de Mercadona componse de tres estadios:

  • 1.º Captar na tenda e/ou no Centro de Coinnovación a través da escoita, da observación e interpretación das necesidades dos clientes.  Mercadona dispón de especialistas na escoita dos clientes.
  • 2.º Definir a solución e trasladarlle a información ao provedor especialista para que fabrique o produto.
  • Transmitir a solución e implantala nas tendas.

Ademais, Mercadona non só traballa a innovación de produto, senón tamén noutros tres eixes de innovación: innovación de procesos, innovación tecnolóxica e innovación de concepto. Todo isto apostando pola introdución de melloras que acheguen sinxeleza e axilidade aos procesos de toda a cadea de montaxe de Mercadona, sempre co obxectivo de satisfacer as necesidades dos cinco compoñentes da compañía: tanto o "Xefe" (cliente), como o Traballador, o Provedor, a Sociedade e, por último, o Capital.