- As vendas destes produtos baixan durante estes días por ser un alimento que o cliente adoita consumir fóra do fogar, como no traballo ou no parque, e que agora os prepara el mesmo na casa.
- Estes produtos son elaborados polo Provedor Totaler Productos Naturales de la Vega en Lodosa (Navarra).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reduce un 30% as súas vendas de sándwichs refrixerados polos cambios de hábitos do consumidor, xa que “O Xefe” (cliente) adoita consumir estes produtos fóra do fogar, como no traballo ou no parque, e agora prepáraos el mesmo na súa casa.
Estes produtos, elaborados polo Provedor Totaler Productos Naturales de La Vega en Lodosa (Navarra) baixo a marca Hacendado, están dispoñibles en practicamente toda a cadea dende mediados de 2017, e ofrécense distintas opcións, como o Sándwich Mixto, o Sándwich con Salmón, o Sándwich con Atún, Ovo e Tomate, e o Sándwich con Pavo, Queixo e Espinacas.
Lineal de Mercadona onde se venden os sándwichs.