Traballadores do supermercado Bolueta en Bilbao (Bizkaia)

As medidas para a conciliación en Mercadona

29 de abril de 2022
  • A compañía aposta pola conciliación do seu cadro de persoal con medidas centradas na planificación da xornada laboral e no respecto ao desenvolvemento da vida profesional, familiar e persoal.
  • Mercadona conta con mecanismos internos de colaboración e escoita de necesidades que permiten traballar en solucións para o cadro de persoal, como a Xornada 5+2.

A Política de Recursos Humanos de Mercadona ofrécelle a todo o cadro de persoal medidas de conciliación pioneiras para favorecer en todo momento o benestar das traballadoras e dos traballadores de Mercadona. A compañía promove a planificación e o respecto á xornada laboral para a conciliación profesional, persoal e familiar.

Dentro do modelo de xestión de Mercadona establécense uns mecanismos constantes de escoita para detectar oportunidades e ofrecer solucións dentro do ámbito de traballo.

Principais cifras de conciliación en Mercadona durante 2021Principais cifras de conciliación en Mercadona durante 2021.

Un dos últimos fitos da compañía foi a posta en marcha da Xornada 5+2 para traballadores e traballadoras das tendas Mercadona, que permite organizar o horario do persoal base con cinco días de traballo e dous de descanso, con oito fins de semana longas ao ano, de sábado a luns.

Entre outras medidas, a compañía tamén ofrece a posibilidade de acollerse a excedencias para o coidado de descendentes ata que fagan os 12 anos de idade, polo coidado de familiares cunha duración de ata cinco anos ou por violencia de xénero, neste caso ata tres anos de espera e con reserva do posto de traballo.

Ademais dos permisos e licenzas aos que ten acceso todo o cadro de persoal, existen estratexias que tamén facilitan a conciliación, entre outras, as xornadas intensivas na tenda e nos bloques loxísticos.

Todas estas iniciativas, que apoian a corresponsabilidade e a repartición equitativa das cargas familiares, demostran que a compañía está comprometida coas necesidades da sociedade. Un proxecto no que a calidade laboral se traballa de maneira transversal para permitirlle ao conxunto do seu cadro de persoal, non só crecer profesionalmente, senón compatibilizar este desenvolvemento co da súa vida familiar e persoal.

Unha política de recursos humanos pioneira no sector

Dende hai anos Mercadona impulsa unha política de recursos humanos pioneira no sector, apostando pola conciliación, a formación e o desenvolvemento persoal e profesional de todo o seu cadro de persoal.

Para a compañía O Traballador é un dos principais compoñentes polo que ofrece un traballo estable e de calidade, con salarios por enriba da media do sector e coa posibilidade de ascender internamente.

Imaxe de cabeceira: Traballadores do supermercado Bolueta en Bilbao (Bizkaia).