Vidreira dun supermercado Mercadona co logo da compañía

Alacante – El Poble Nou de Benitatxell xa conta co novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona

04 de decembro de 2017
  • Este supermercado reabre após unha reforma integral cun investimento de máis de 1,7 millóns de euros coa participación de 40 fornecedores, que deron emprego a máis de 90 persoas durante a fase de reforma.
  • Este novo supermercado, completamente conectado tecnoloxicamente, presenta un deseño e unhas seccións totalmente renovadas que melloran a experiencia total de compra dos clientes, cun aforro enerxético de até un 40% respecto dunha tenda tradicional.
  • Alén de garantir o cadro de persoal anterior, Mercadona xerou 4 novos postos de traballo estables e de calidade adicionais.

Mercadona reabre hoxe o seu supermercado en El Poble Nou de Benitatxell (Alacante), concretamente na estrada de Moraira a Teulada, após unha reforma integral para o adaptar ao novo Modelo de Tenda Eficiente da compañía, cun investimento de máis de 1,7 millóns de euros e a participación de 40 fornecedores que deron emprego a 90 persoas durante a fase de reforma. O supermercado presenta un novo deseño que mellora a distribución, a decoración e a disposición de todas as seccións co obxectivo de mellorar e optimizar a experiencia de compra dos seus "Xefes", como a compañía denomina internamente os seus clientes.

A nova tenda eficiente de Mercadona en El Poble Nou de Benitatxell conta cunha superficie de sala de vendas de 1.780 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, quer na fachada exterior de acceso ao supermercado quer na distribución das diferentes seccións. Aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos diferentes ambientes.

Novidades en todas as seccións

Ademais, presenta novidades en todas as seccións das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes) como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Dispón, por exemplo, dunha nova entrada con duplo acristalado que evita correntes de aire, de andeis específicos para o leite fresco e os zumes refrixerados, dun novo punto de acabado para a carne, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada e dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, de especialidades de sushi, dunha máquina de zume de laranxa acabado de espremer, dunha nova sección de forno con rebandadora de pan, de pastelería refrixerada ou dunha nova chacinería con xamón ao corte e mais envasado, entre outras novidades.

Este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tamén procura ofrecer un mellor servizo para facilitar o acto de compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores da froita e mais dos vexetais e dun novo modelo de carro cesta e mais de carro, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Para alén de dispor de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de lecer, así como dunha zona comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda eco-eficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional, por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Alén de contar cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

Do mesmo xeito, este novo Modelo de Tenda de Mercadona, completamente conectada tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, coas que poderen compartir información desde calquera sección da tenda, facilitando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos encóntranse, por exemplo, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

O horario de abertura do supermercado é de luns a sábado, de 09h00 a 21h30, e dispón dun aparcadoiro de 275 prazas para facilitarlles o acto de compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online.

Con esta nova abertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de xeito exclusivo e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a isto, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes unha variedade eficaz, con independencia de quen fabrique o produto, coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.  

Mercadona ten previsto para o exercicio 2017 investir 180 millóns de euros en reformar e renovar con este Novo Modelo de Tenda Eficiente 126 tendas repartidas por toda España, así como investir 5 millóns de euros en I+D+i en novas melloras informáticas.

Mercadona na provincia de Alacante

Mercadona conta con 101 supermercados nos 42 concellos en que está presente na provincia de Alacante que proporcionan emprego estable a máis de 4.864 traballadores. Por outro lado, cómpre suliñar que Mercadona ten reforzado ao longo do ano pasado a súa responsabilidade social na provincia por medio de diferentes iniciativas, con máis de 20.300 quilos de alimentos doados á Fundación Banco de Alimentos de Alacante. O pasado mes de setembro volveu realizar unha entrega á Fundación Banco de Alimentos de Alacante de 5.600 litros de leite e 6.300 litros de aceite. Ademais, ten colaborado en múltiples "Operaciones Kilo" coa Cruz Vermella, Caritas e outras entidades benéficas e mais en iniciativas como a do Banco de Alimentos a través da súa campaña "El Gran Recapte", participando cos supermercados que posúe en gran parte dos concellos da provincia. Desde o mes de xuño de 2016, Mercadona tamén colabora co Comedor Social da Asociación de Vecinos La Prosperidad de San Gabriel en Alacante, doando acotío produtos que retiran da venda mais que están en perfecto estado para o seu consumo.