As máscaras faciais Hidrata Mask – Tecido e Gold Mask – Hidroxel, no lineal de Perfumería de Mercadona

Mercadona vende 6.500 unidades ao día das novas máscaras faciais Deliplus

28 de agosto de 2020
  • Preséntanse nas variedades Gold Mask e Hidrata Mask, con efecto antiidade e de hidratación profunda.
  • Ubesol, fabricante especialista situado en Atzeneta d’Albaida (Valencia), é o Provedor Totaler deste produto xurdido dun proceso de coinnovación cos “Xefes” (clientes).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, vende máis de 6.500 unidades das novas máscaras de tratamento facial de Deliplus. A cadea de supermercados ofrece dúas variedades, unha con efectos antiidade denominada Gold Mask de Hidroxel, e outra de hidratación profunda chamada Hidrata Mask de Tecido.

A Gold Mask – Hidroxel ten efecto antiidade, mellora a firmeza do rostro, suavizando as liñas de expresión e engurras. Con células nai vexetais que contribúen a suavizar a pel e a mellorar a súa textura, conta con partículas de ouro capaces de optimizar a distribución de péptidos na pel, achegando luminosidade e firmeza. Ademais, ten vitamina B3 que estimula a síntese de coláxeno previndo o envellecemento natural.

A Hidrata Mask – Tecido achega unha hidratación profunda e mellora a elasticidade e firmeza da pel, reforzando a barreira de hidratación cunha potente combinación de activos. Está composta por ácido hialurónico, que se encontra de forma natural na nosa pel, pero unha achega extra favorece a hidratación e a elasticidade. Á súa vez, a auga de rosas axuda a potenciar a hidratación do rostro, entre outros ingredientes.

Ambas as dúas máscaras conteñen activos que coidan a pel do estrés oxidativo causado pola polución ambiental e pola radiación da luz azul das pantallas. A empresa Ubesol, de Atzeneta d’Albaida (Valencia), é o Provedor Totaler deste produto que foi desenvolvido a través dun proceso de coinnovación xunto aos “Xefes”, como se denomina o cliente internamente.

As máscaras faciais Hidrata Mask – Tecido e Gold Mask – Hidroxel, no lineal de Perfumería de MercadonaAs máscaras faciais Hidrata Mask – Tecido e Gold Mask – Hidroxel, no lineal de Perfumería de Mercadona.

Logo EActiVate